O servizo de limpeza do Concello e as tendas de froita de Vigo están a traballar xuntas por rúas máis limpas da man do servizo de recollida a demanda de residuos coma o plástico, a madeira ou o cartón neste tipo de establecementos, entre os que xeran máis residuos para o reciclado. 

Unha proposta que, segundo apuntan dende a compañía encargada da limpeza da cidade, está a funcionar moi ben e xerando un gran interese por parte das froiterías viguesas. Moi efectiva á hora de evitar o colapso dos contedores das rúas, entre as prioridades de FCC Medio Ambiente, con múltiples servizos dirixidos a garantir e facilitar a protección e o respecto polo medio ambiente.