A cidade olívica dispón de 49 colectores de aceite e outros 49 colectores de roupa usada, colocados tanto no seu ámbito urbano como nas parroquias no marco programa de servizo de recollida selectiva destes materiais.  

Unha iniciativa de economía verde e circular que esta a promover a reciclaxe entre os vigueses dende fai máis de tres anos

En concreto, no que respecta á roupa usada, o Concello de Vigo conta coa colaboración de Cáritas, con moita experiencia na reutilización de prendas a nivel nacional e con tendas nas que se pode mercar roupa reciclada para contribuir ao cambio. 

Esta iniciativa enmárcase dentro da aposta de futuro do Concello para seguir a facer de Vigo a cidade que máis e mellor recicla na nosa comunidade.