A compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski xestionou de forma responsable 12.688.036 quilos de residuos no último ano a través do seu programa “Desenvolvemento Sostible. Residuos Cero”, que lle permite autoxestionar desde 2008 todos os residuos que xenera gracias, en gran parte, á loxística inversa, supoñendo esta cifra un incremento do 5,5% con respecto o ano anterior. De estos, máis da metade correspóndense con papel e cartón (7.914.027 quilos) e plástico (1.263.173 quilos). 

Ademais, nos puntos limpos instalados nos establecementos Vegalsa-Eroski, tamén se recollen residuos dos clientes como o aceite usado (43.898 quilos) ou as pilas (17.857 quilos). Con respecto á roupa usada, a compañía colabora con distintas entidades para darlle unha segunda vida e, no caso dos alimentos que xa non son aptos para o consumo, o mesmo.

Tamén neste senso hai que destacar a eficiencia na xestión gracias á reutilización de máis de 8,8 millóns de envases loxísticos ao ano nas súas plataformas, o que supón unha reducción de 3.188 Toneladas de CO2, que se deixaron de emitir ao medio. 

“A autoxestión de residuos é un dos piares da nosa estratexia de sostibilidade que levamos a cabo a través do noso programa “Desenvolvemento Sostible. Residuos Cero" Cedida

“A autoxestión de residuos é un dos piares da nosa estratexia de sostibilidade que levamos a cabo a través do noso programa “Desenvolvemento Sostible. Residuos Cero”, cunha década xa en activo. A través del podemos valorizar e establecer circuítos de reciclaxe para os refugallos que xeramos tanto nós coma os nosos clientes”, explica nesta liña Ricardo Castro, responsable de Calidade e Medio Ambiente da compañía. 

No marco do seu compromiso medioambiental, Vegalsa-Eroski tamén reduciu un 35% o seu consumo enerxético nos seus establecementos grazas a súa aposta por un modelo de tenda ecoeficiente, responsable co entorno natural e a conciencia ecolóxica.