Durante todo este ano os comercios da comarca viron como a actualidade marcaba o ritmo das súas promocións. Sen embargo, nesta ocasión, o Pontiñas Centro Comercial e de Ocio Gadis adiantouse aos acontecementos e crearon toda a semana de grandes descontos anticipándose ao Black Friday.

“Sempre animamos aos veciños e veciñas a asistir ao noso centro como un xeito seguro de facer as compras e aínda con máis ímpeto o facemos agora! No noso centro comercial seguro poderás atopar gran cantidade de sectores na mesma superficie, e todos eles con grandes descontos. Dende xoiería, moda, calzado, fogar, alimentación, perruquería, cosmética, bisutería e un longo etc de productos con descontos que chegan até o 70% de desconto nalgúns casos”.

Ademáis, durante toda a semana a superficie comercial está a entregar aos seus clientes rifas por compras superiores aos 10€ para gañar 100€ cada media hora o próximo venres 27 de novembro, día propio do Black Friday. O premio será tanto para as persoas que estean no centro nese momento como para os que non se atopen alí. “A través de megafonía irán nomeando aos gañadores deses 100€ e, se non te atopas no centro comercial, chamarán vía telefónica outorgando neste caso 50€. En definitiva, toda unha semana de descontos e todo un día de premios (dende as 17.30 horas do venres ata as 21.30 dese mesmo día).

“Gran parte do noso centro comercial está conformado por empresas locais rexentadas por lalinenses. Agora máis ca nunca pedimos o apoio dos nosos veciños e veciñas xa que, dende o centro comercial, estamos convencidos de que o comercio local sairá reforzado desta crise se todos e todas loitamos xuntos. Convidámoste a desfrutar dos nosos descontos e dos sorrisos dos nosos comerciantes. Agardámoste”, convidan dende a xerencia.

https://www.facebook.com/pontinas.centrocomercial

https://www.instagram.com/pontinas_cc/

https://pontinas.com/