O sector da calefacción experimenta ano tras ano cambios notables que requiren o asesoramento profesional de persoal cualificado. Cos novos sistemas e modalidades xeradores de calor, os instaladores tamén teñen que actualizarse e renovar os seus procedementos e servizos para facer fronte ás esixencias do mercado. Neste sentido, chámase a atención sobre a necesidade de acudir a profesionais que poidan garantir as instalacións máis eficientes e seguras. Así mesmo, os expertos consultados adoitan coincidir ademais na necesidade de que o profesional se desprace ás instalacións para as que se demanda un sistema de calefacción. Deste xeito, ademais de coñecer in situ que características debería presentar o sistema calefactor tamén pode valorar posibles condicionantes que afecten ao mesmo. En xeral, acéptase que o tipo de vivenda, a súa localización e o seu uso son factores que inflúen directamente á hora de instalar a calefacción.

Aseguran que “entre os sistemas de calefacción dispoñibles no mercado, os mais interesantes e aconsellables son os aqueles que teñen carácter renovable. Con todo, e preciso un mantemento óptimo de cada instalación para garantir a funcionalidade e mais a seguridade destes equipos”. Calidade, eficiencia e medio ambiente son tres dos piares fundamentais sobres os que se asenta o traballo dos profesionais de Instalaciones Deza.

Especialistas no sector da calefacción, a fontanería e as enerxías renovables, contan con mais de vintecinco anos de experiencia, aval máis que suficiente para deixarse aconsellar polos seus responsables.

A empresa silledense está adherida ao Instituto Enerxético de Galicia (Inega), unha entidade a través da cal os usuarios se poden beneficiar de importantes axudas para a instalación dos seus equipos calefactores, principalmente os que empregan a biomasa como combustible.

Máis info: no teléfono 686 47 07 67