SBC Gasolineiras pon a disposición dos seus clientes un sistema gratuíto de limpeza e hixienización do automóbil a través de ozono para evitar o avance do COVID-19. A firma, que conta con estacións de servizo en A Estrada, Santiago de Compostela, Ribeira, A Coruña, Narón e Cambados, decidiu achegar este novo servizo aos seus clientes incluíndo nas súas estacións de servizo este sistema que permite unha hixienización integral do vehículo en menos de 10 minutos. O sistema, totalmente gratuíto para clientes de SBC, ademais da eliminación dos virus, tamén elimina fungos e outras partículas. Durante o proceso de hixieización do coche, o cliente vai ser asistido e axudado en todo momento polo persoal autorizado da estación de servizo. O equipo xerador de Ozono conectarase ao vehículo, que permanecerá aceso, baleiro e coas portas e xanelas pechadas, o que facilitará que o ozono circule tamén polo sistema de aire acondicionado.

Estos equipos de desinfección absorben o aire limpo do exterior e inxectan ozono no interior rexenerando o aire e desinfectando o habitáculo de xermes. Unha vez finalizado este proceso, que dura uns 5 minutos, deixarase o vehículo outros 3 minutos coas portas abertas para eliminar o ozono residual e ventilar o coche. Ao ser necesaria a intervención do persoal de SBC Gasolineiras, este servizo estará dispoñible para os usuarios en horario de 8:00 a 23:00 horas, todos os días da semana.

Con este tratamento de choque, SBC Gasolineiras colabora de maneira activa na loita contra a COVID19 para reforzar o seu compromiso social.