Baixo estrictas medidas de seguridade, A Estrada comeza dende hoxe as festas de San Paio 2020, uns festexos que estarán marcado polo acotamento dos espazos destinados a acoller as actuacións musicais. A Praza da Constitución, a da feira e a Praza do Mercado son os lugares escollidos pola organización. O control de aforos, acomodadores e auxiliares de limpeza e hixiene farán posibles as primeiras festas patronais despois da crise do coronavirus. A Praza do Concello será a que maior número de espectadores acolla, cun total de 400. Luar na Lubre, a Banda Municipal da Estrada e María do Ceo serán os pratos fortes.

Na Praza do Mercado e na Praza da Feira o aforo será de 90 e 85 personas, respectivamente, e o aceso será restrinxido. As butacas asignaranse por orde de chegada.

Programación

Hoxe dan comezo os actos oficiais co pasarrúas da Banda Cultural da Estrada, e animación ás 12.00 e ás 18.00 horas con Pulpiño Viascón; na Praza do Mercado, ás 20.00 horas actuarán os humoristas Chelo do Rejo, Toño Pena e Pablo Chichas, e haberá música na mesma praza co Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso; ás 21.30 horas actuará Plan Siberia na Praza da Feira.

Mañá xoves, Lume na Lareira animará a vila a partires das18.30 horas, e Xosé Luna presentará o seu libro na Praza da Feira ás 20.00 horas; Os Bichos actuarán na Praza do Mercado ás 20.00 horas e As Lerches, na Praza da Feira, ás 21.30.

Na xornada do venres actuarán Os Xirimbaos ás 12.00, e ás 18.00 horas; a escola Musikenos ofrecerá un concerto de piano ás 13.00 horas na Praza do Mercado, donde ás 20.00 horas terá lugar o espectáculo A Banda das Apertas con Magín Blanco; o prato forte será Luar na Lubre, que presentará o seu disco ás 22.00 horas na Praza do Concello (cabe recordar que todas as invitacións están entregadas para os dous pases).

O sábado 27, Os Atrevidos actuarán ás 12.00, e tamén ás18.00 horas; Ce Orquestra Pantasma fará o mesmo arredor das13.00 horas; presentarase o libro Aventuras de Alberte Quiñoi ás 18.00 horas na Praza do Mercado. A Banda Municipal da Estrada ofrecerá un pasarrúas ás 19.00 horas. Ás 20.00 horas, a citada formación ofrecerá un concerto -o aforo xa está completo- na Praza do Concello, antes do de María do Ceo ás 22.15 horas.