Inaugurado no ano 1992, o IES Ribeira do Louro é un referente na área educativa e cultural de O Porriño. Está situado á beira do río que lle da nome, na parroquia de Torneiros, e é precisamente esta ubicación no extrarradio da vila o que lle concede ese valor de pluralidade sobre o que se constrúe o seu proxecto educativo.

O amplo abano de ensinanzas que se imparten, a flexibilidade horaria (diúrno e nocturno) e a inclusión dos diversos sectores sociais da bisbarra no proceso educativo son os seus principais compoñentes, ademáis da súa aposta pola internacionalización: O Ribeira do Louro é colaborador e promotor dende o ano 1996 de proxectos europeos a través dos que se realizan diversas mobilidades.

Actualmente, o IES ofrece ao seu alumnado de ESO, Bacharelato e Formación Profesional a posibilidade de colaborar en proxectos de formación con outros países así como realizar intercambios de inmersión lingüística a través dos programas: 'Living Rivers', 'Plidded Impact', 'Tribes', 'Careforest' e 'Jumelage'.

'Living Rivers'

O Proxecto 'Living Rivers' nace co obxectivo de apostar polo coidado e a sostibilidade dos ríos en liña coa aposta polo entorno e o medio ambiente e conta con Portugal, Romanía e Turquía como países asociados.

'Flipped Impact'

A aplicación do innovador método de aprendizaxe Flipped — entorno flexible, cultura de aprendizaje, comprensión conceptual y Educador Profesional— é o fin deste proxecto, que conta con Países Baixos, Lituania, Romanía e Turquía como países asociados.

'Tribes'

Tribes busca asegurar a integración, mellorar a seguridade e reducir a intimidación dos estudantes refuxiados e migrantes. Os países asociados son: Irlanda, Austria, Finlandia, Francia, Xeorxia, Alemaña, Hungría, Italia, Noruega, Serbia e Turquía.

'Careforest'

Tamén no marco do coidado do medio ambiente e có obxectivo de sensibilizar sobre a importancia e o coidado e protección dos bosques, encontráse o proxecto 'Careforest', Portugal, Romanía e Noruega.

'Jumelage'

O programa 'Jumelage', finalmente, é unha proposta de intercambio de alumnado con acollemento en familias de O Porriño e Fronsadais, Burdeos.