-Ve paralelismos na situación de Galicia e España?
-Creo que hai unha autonomía do espazo político galego moi clara. Aquí discutimos sobre os aspectos centrais para Galicia, pero sen dúbida a partir do 25-S, o que pase aquí será lido en clave nacional, necesariamente. Pero tamén o que pase no País Vasco e moitas outras cousas.
-Unha persoa do PSdeG dixo nun dos actos desta campaña que o partido "non se vende por un plato de lentellas".
-Non quero entrar. É responsabilidade de Pedro Sánchez, a súa estratexia e a súa responsabilidade.
-Apoiará a Sánchez se se convocan terceiras eleccións en España.
-Se é o candidato do Partido Socialista, por suposto. Anque agardo que non vaiamos a unhas terceiras eleccións.
-Cre que o clima no Partido Socialista e a situación de bloqueo no Goberno pode afectar aos seus resultados o próximo 25-S?
-O resultado que teñamos o 25 recolle o traballo do Partido Socialista durante todo este tempo, coas opinións, as primarias e agora a campaña. O que se fai de seis meses para aquí non podo borralo nin podo melloralo.
-De perder, volvería ao Parlamento logo do 25-S?
-Sí que volvería. O meu compromiso é por catro anos.
-Aspira a ser secretario xeral do PSdeG?
-Veremos a partir do 25 como son as cousas. Non estou nesa tesitura.