Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

In memoriam // ALFONSO PAZ-ANDRADE RODRÍGUEZ

O industrial galeguista

In memoriam // ALFONSO PAZ-ANDRADE RODRÍGUEZ

En maio de 1997 a Associaçom Galega da Lingua, no entón Centro Cultural Caixavigo celebrou unha Homenaxe a D. Valentín Paz Andrade. Na primeira Mesa-Redonda que tiven a honra de presidir, participaban: Isaac Díaz Pardo, Alexandre Banhos e Gustavo Luca de Tena, que desenvolveron a figura de Paz Andrade a través da memoria, como nacionalista sempre e xornalista. Con tal motivo neste Diario que nos acolle, subliñaba nun artigo publicado na data referida que: “Para Valentín Paz Andrade a empresa era toda Galiza, e o abrigo dun gran porto xurdirá unha gran cidade, tal como prognosticaba en 1919 Eduardo Cabello Ebrentz o futuro de Vigo”. Un porto e un mar cantado por poetas e trobadores como Martín Codax e Meendinho. Antes de ser publicado, ensinaralle o artigo a Alfonso na cafeteira da Alameda, e o que mais lle gustara fora a historia de Castelao, tan apreciado e amigo do seu pai, que recollo do artigo o que fago referencia: “O vello mariñeiro O Rifante de Castelao transmitíalle ó seu fillo cando este lle conta que o aparello quedara trabado nunhas pedras: ‘Non teñas medo, Ramón, o mar levouno, o mar dará para outro’”. Vigo, sempre comentabamos con Alfonso fíxose e vaise facendo a carón do mar, e o seo futuro pasa por recuperalo en tódolos eidos dende os industriais ata os deportivos pasando pola recuperación ecolóxica e o lecer. Para Valentín e Alfonso, a nosa cidade e a súa Área Metropolitana estaba chamada a ser: “Guieiro e sen complexos do desenvolvemento harmónico e integral de Galicia”. Os dous pai e fillo, tiñan claro que a industria e a cultura, teñen que camiñar xuntas e non teñen porque ser incompatibles. Os dous foron homes de empresa e cun compromiso sen fisuras ca nosa lingua e cultura. Alfonso Paz-Andrade Rodríguez, foi continuador da obra do seu pai tanto desde a actividade empresarial como cultural, formando parte dos nosos galeguistas históricos Isaac Díaz Pardo, Isidro Parga Pondal, José e Antonio Fernández López... por citar soamente aos que tiven o pracer de coñecer persoalmente. Comentado por outros relatores con Alfonso as sobremesas eran abofé cerimoniosas, con lembranzas interminables sempre acompañadas dun discurso cálido e respectuoso. Da época universitaria a finais dos anos 50/60, escoitaralle a un compañeiro: “olla a parte de enriba do Hotel Compostela, sabes quen esta alí de pensión? Alfonso, o fillo de Paz Andrade!”. Só me queda acompañar na súa dor a Elizabet, os seus fillos Valentín e Sabela, sabedores do que esta familia Paz Andrade representou e representa para toda Galicia. Non teño a menor dúbida que serán fieis continuadores, tal como Castelao reflicte: “Non lle poñades tachas a obra namentres non se remate. Hai sitio para todas”.

*Director xeral da Fundación Menela

Compartir el artículo

stats