claudia carballo gonzález nnficha persoal | Saxofonista

“O saxo combina colores do metal e vento madeira”

Ofreceu onte un recital de fin de carreira na Escola de Música Municipal de Silleda

Claudia Carballo, onte, no seu recital de fin de carreira na Emusi de Trasdeza.

Claudia Carballo, onte, no seu recital de fin de carreira na Emusi de Trasdeza. / Bernabé/Lucía Abeledo

A Escola de Música Municipal de Silleda acolleu onte un recital de saxofón de Claudia Carballo González. Alumna da Emusi e integrante da banda, vén de rematar os seus estudios no Centro Superior de Música do País Vasco (Musikene). Estivo acompañada ao piano por José Manuel Sánchez Ramírez pero antes atendeu a FARO.

–Nerviosa?

–O normal, non? Sempre un cando toca na casa é máis difícil que cando o fai fora da sú terra.

–Sempre tivo claro que quería adicarse a tocar o saxofón?

–Si. Agora ademais a miña idea é empezar a estudar dirección de orquestra e compatibilizar as dúas carreiras. En canto ao do saxofón, xa dende pequena cando entrei en música, teño un familiar que era músico e a súa muller tocaba o saxofón e xa digo que dende moi pequerechiña tiña ese impulso.

–Porque escolleu facer a carreira tan loxe da casa en Donostia?

–Sobre todo, a elección foi polo centro e tamén polo profesor que daba clase de saxofón. O nivel interesábame, o nivel da comunidade educativa do conservatorio tamén e ao final tiven a oportunidade de entrar e aproveiteina.

–Quen foi o profesor que lle chamaba tanto a atención?

–Miguel Ángel Lorente. É un dos bos profesores que hai agora en España e sobre todo tamén hai unha boa escola alí de moita xente que está estudando, con ganas de traballar e foi unha boa oportunidade.

–Cal é a característica do repertorio elexido para o concerto?

–A proposta un pouco de hoxe (por onte) é facer un pase do que vai ser o meu examen de fin de carreira. Entón o repertorio consta dalgunhas obras orixinais para saxofón e outras que son transcripcións de unha sonata para cello por exemplo e unha obra que se vai publicar agora e que é un arranxo dunha fantasía para clarinete. É un programa variado, con músicacontemporánea que espero que guste porque estando na casa o apoio case que está asegurado.

–Supoño que ninguén da súa familia perderá de estar no concerto.

–Claro. Sobre todo iso. Despois de tantos anos estando lonxe non é fácil que as veces estén en concertos importantes. Entón, era un modo tamén para achegalos a este día tan importante para min e para a miña carreira musical. Aproveitamos que é festivo e que o pianista puido vir. Tamén aproveito para agradecerlle moito a escola e a Banda de Silleda que foi onde eu empecei, os que me deron as primeiras oportunidades na música, e que me deixen a escola para facer un concerto, que é un pracer.

–Que plans ten para o futuro?

–A miña idea é poder compaxinar a interpretación e a dirección. Aínda está por ver onde e como pero de momento ese é o plan. O punto é que o saxofón é un instrumento moi novo e na dirección sempre tes acceso as distintas formacións, distintos grupos e moito máis repertorio. Entón, é algo que eu xa teño esa inquedanza e apetéceme intentalo porque é o que quero.

–Farano lonxe de Galicia?

–De momento estou todavía pensando e elexindo cal será o sitio e o profesor axeitados para poder ampliar a miña formación.

–Se poidera elexir un futuro ideal, onde lle gustaría realizarse como saxofonista e directora?

–Pois agora mesmo non che podo dicir. Creo que hai momentos nos que e mellor reservarse cando tes moitas cousas e aínda non están claras. A título persoal podería ser un sono poder chegar a salas como o Auditorio Nacional de España, cunha orquesta a nivel estatal. Podería ser un sono moi bonito porque sería algo realmente fantástico.

–Que pensa a súa familia de que queira adicarse a música de xeito profesional dende tan nova?

–Na casa sempre tiven moito apoio neste sentido. A miña familia inculcoume que o que fixera que o fixese con traballo. Tiven sorte porque no meu caso tiven moito apoio e sempre estiveron dispostos a levarme a clases, cursos e formacións, e apoiarme en todo.

–Que ten o saxofón de especial?

–Penso que a virtude do saxofón é que combina moi ben colores do metal e do vento madeira. É un instrumento moi amplo nese sentido, que permite facer moita transcripción doutros instrumentos e repertorio orixinal. A verdade é que cada instrumento ten as súas características e supoño que todos teñen algo para que sexan tan apreciados polos músicos. Eu decanteime polo saxofón porque como che dicía gustoume dende moi nova.

Suscríbete para seguir leyendo