Propoñen a Odaiko para a xestión da escola de música de Vila de Cruces
O centro funciona co contrato caducado desde o ano 2015
A mesa de contratación propón a empresa Odaiko Krea SL como adxudicataria da prestación de servizos de xestión da Escola de Música Municipal de Vila de Cruces. Este centro funciona co contrato caducado desde 2015, xa en tempos do anterior goberno do PP, e o executivo actual de Xuntos polo Noso Concello comezou os trámites para a nova adxudicación en decembro de 2023.
Ademais de Odaiko, que obtivo unha puntuación de 93,37, tamén se presentou ao concurso a empresa Deza Music SL, valorada con 78,20 puntos. O pasado dia 23 a mesa de contratación requeriulle a Odaiko que remitise os títulos académicos e profesionais do empresario e dos directivos da empresa, así como do responsable ou responsables da execución do contratos e dos 18 profesores encargados directamente da mesma. Unha vez formalizada esta adxudicación, Vila de Cruces tamén licitará outra prestación, a do Servizo de Axuda no Fogar, para o que calcula un importe superior aos 700.000 euros anuais, cunha atención de máis de 30.000 horas.
Temas
Más en Deza-Tabeirós
-
La periodista de FARO Sandra Penelas gana el premio Celia Brañas de periodismo científico
-
La Feira Internacional Semana Verde de Galicia se acerca a los 81.000 visitantes
-
A Estrada y Dozón ponen toda la carne en el asador
-
La Feira da Sidra se hace mayor: ¿cambio de ubicación o redistribución para 2025?