Chus Pato presenta “Sonora” o mércores no Casino de Lalín

Redacción

A poeta Chus Pato presenta o vindeiro mércores, 17 de abril (20:15 horas), o seu máis recente libro, Sonora, no Círculo de Recreo de Lalín. No acto estará acompañada do tamén escritor Celso Fernández Sanmartín e do músico Benxamín Otero.

Nacida en Ourense en 1955 e afincada en Lalín, Chus Pato publicou doce poemarios polos que recibiu premios como o nacional da crítica española, o Losada Diéguez, o Irmandade do Libro ou o Clara Campoamor. En 2017 ingresou como membro de número na Real Academia Galega. “Sonora é unha conversa entre o poema e a morte. É o ollo de Iago: algo cae e produce nove acordes, nove ondas no fulgor da noite. É a alianza que se herda, o anel que grava o nome na cara interna do metal”.