A exposición pública o proxecto de planta fotovoltaica Silleda Solar

A Consellería de Economía, Industria e Innovación somete a exposición pública o proxecto da planta solar fotofoltaica silleda Solar, que prevé construir Arcos de Graba neste municipio. A iniciativa ten unha inversión de 1,87 millóns de euros, e contempla producir 5.304 megavatios por hora ao ano. O proxecto pode consultarse no apartado de transparencia da citada consellería ou na súa xefatura territorial.