Unha comedia colorista e vitalista envoltanun realismo máxico

Una comedia colorista e vitalista envolta nun realismo máxico

Una comedia colorista e vitalista envolta nun realismo máxico / Bernabé

“E entón, un xardín” é unha comedia colorista e vitalista asentada no teatro de marionetas, na plasticidade do teatro de obxectos e na poética da imaxe. Todo envolto nun realismo máxico que contrasta coa veracidade da estética do collage. Neste espectáculo, o xardín convértese nun lugar de celebración e reivindicación. Os vexetais e animais, vertebrados e invertebrados, son os protagonistas dunha historia estrafalaria na que a natureza esperta e loita por non perder os seus dereitos. Unha comedia disparatada ao servizo da imaxinación das pequenas (e non tanto) para espertar valores como a empatía, a responsabilidade e o respecto.