Ata onde poden chegar os fumes da celulosa de Palas

Tendo en conta a propagación de gases en función da dirección e velocidade dos ventos, vai ter unha significativa afectación a todo o territorio que se localice ao seu arredor nun radio duns 40 Km

Vista de la fábrica de Ence en Lourizán, una fábrica similar a la que instalarán en Palas

Vista de la fábrica de Ence en Lourizán, una fábrica similar a la que instalarán en Palas / Rafa Vázquez

Antonio Presas

A instalación dunha fábrica de grandes dimensións (macrofábrica) de celulosa e fibra textil no concello de Palas de Rei (Lugo) supón unha seria ameaza para toda a contorna, nun radio mínimo duns 40 quilómetros, tendo en conta a propagación de gases en función da dirección e velocidade dos ventos.

E, para entender todo isto, nada mellor que recurrir a casos xa ben coñecidos, casos nos que os fumes de chimeneas e incendios forestais localizados, puntualmente, nun determinado lugar, se extenderon polo noso territorio seguindo a dirección do vento. Estes son os algúns deses posibles casos:

1. O 1 de agosto de 1975 a imaxe de Meteosat, en visible, amosa de forma excepcional como os ventos procedentes do SL arrastran, linealmente, o fume da alta chimenea da central térmica das Pontes de cara a Cedeira e o mar Cantábrico, realizando un sorprendente percorrido de máis de 54 quilómetros, segundo se aprecia en dita imaxe... e o fume continúa, na indicada dirección, internándose, polo Cantábrico, en dirección ao Atlántico.

Esta de fume de As Pontes en dirección NO

Esta de fume de As Pontes en dirección NO / Meteosat

A asombrosa altura da chimenea da central térmica, 706 metros (altura do terreo 350 metros e altura da chimenea 356 metros), case tan elevada como o cercano monte do Alto do Caxado (752 metros), localizado ao Norte, favorece a saída de fumes da depresión das Pontes e a súa viaxe nesa dirección ou noutras. A imaxe de satélite que se amosa foi adquirida no Servizo Nacional de Meteoroloxía polo xeólogo holandés Hilgen, nunha das numerosas viaxes que realizou a Galicia e forma parte do seu valioso “legado”, propiedade do Concello de Lalín.

2. Nunha viaxe que realicei desde A Coruña a Betanzos-Miño (12 de xullo de 2000 ás 20:30 horas), puiden observar unha enorme estela de fume de cor negruzca, de aspecto similar ás que deixan os avións a reacción, aínda que, neste caso, sexan de cor branqueciña. Esa estela extendíase en dirección NE-SO e todo indicaba, pola súa situación, que procedía da cheminea da central térmica das Pontes.

Uns días despois, un compañeiro de profesión, comentoume o seguinte: “O outro día, o mércores (12 de xullo de 2000), cando viña en avión desde Barcelona con destino a Santiago, pouco antes de chegar ao aeroporto, puidemos ver unha impresionante fumeira grisácea, que se extendía desde a central das Pontes e sobrepasaba Santiago, en dirección Sur. O piloto, pouco antes de tomar terra, díxonos a toda a tripulación: “...non vos asustedes, pero todo iso que se ve abaixo é fume que sae da central térmica das Pontes. Causa moita impresión observar iso, porque estas cousas, normalmente, non se ven en ningunha parte, a non ser aquí en Galicia”. Así que non só me sorprendeu o que observei, senón, tamén, a forma en que o dixo o piloto de aviación”.

Percorrido dunha estal de fume que saíu dende a fábrica de As Pontes en dirección Vilagarcía

Percorrido dunha estal de fume que saíu dende a fábrica de As Pontes en dirección Vilagarcía / FDV

Para poder observar o sucedido desde arriba, adquirín, na Delegación do Instituto Nacional de Meteoroloxía (agora AEMET) da Coruña, a imaxe de satélite Meteosat, en visible, correspondente ao día e horas sinalados (12-7-2000, ás 20:30 horas).

Pois ben, a imaxe de satélite non capta ese triste acontecemento, propio dun país onde as normas medio ambientais se pasan polo forro da chaqueta, por ser unha imaxe de baixa resolución (3 km). A pesares de non ser posible observar a estela de fume, por outra banda, a imaxe Meteosat proporciona outras informacións de interese meteorolóxico: o estado do ceo sobre a zona, completamete despexado por infuenza anticiclónica e a formación de masas nubosas ao Oeste, sobre o Atlántico, que indican unha “circulación de bloqueo”. O vento, tendo en conta a situación, circulaba sobre Galicia en dirección NE-SO. A distancia, en liña recta, entre As Pontes e Santiago é duns 80 km e, esta distancia, nas condicións atmosféricas dese día, é moi significativa para entender a propagación de fumes desde un foco emisor ata a súa dispersión e disipación moi lonxe .

3. Os incendios e contaminación atmosférica producidos en Galicia e Norte de Portugal, desde mediados do mes de agosto do ano 2016, tamén son moi importantes para entender como se extenden os fumes desde un foco emisor, impulsados polos ventos dominantes.

Imaxen de satélite dos incendios de 2016

Imaxen de satélite dos incendios de 2016 / FDV

Así, nas imaxes de satélite correspondentes a aquela vaga de desoladores incendios, podemos observar como os penachos de fume dos incendios que teñen lugar cerca da costa galega ou portuguesa se adentran no Atlántico, impulsados polos ventos de compoñente NE ou E, acadando distancias comprendidas entre os 86 km e máis de 120 km. Por suposto, que o fume que sae dun incendio forestal descontrolado, non é o mesmo que o fume que sae dunha cheminea dunha fábrica, pero serve para ilustrarnos ata onde pode chegar o seu alcance, en días de condicións atmosféricas estables (dominio anticiclónico).

Aplicando todos estes exemplos á perigosa, contaminante e sucia fábrica de celulosa que pretenden instalar no concello de Palas de Rei, podemos dicir que vai ter unha significativa afectación a todo o territorio que se localice ao seu arredor nun radio duns 40 km.

Localización da fábrica de Palas de Rei, irradiando fume a 40km

Localización da fábrica de Palas de Rei, irradiando fume a 40km / FDV

O grao de afectación dependerá da dirección, da velocidade dos ventos e das condicións atmosféricas existentes, sendo as situacións máis perigosas as de dominio anticiclónico.

Localidades como Melide, Sobrado, Teixeiro, Friol, Begonte, Guitiriz, Rábade, Outeiro de Rei, Lugo, Guntín, Portomarín, Paradela, Monterroso, Antas de Ulla, Chantada, Rodeiro, Agolada, Lalín, Silleda, Vila de Cruces, Pedrouzo, Sigüeiro, Arzúa e outras veranse máis ou menos afectadas por este ameazante complexo fabril.

Suscríbete para seguir leyendo