“Un médico na aldea” colga por cuarta vez o cartel de cheo no Teatro Principal

Xa non quedan entradas para o sábado e valoran convocar unha quinta función

REDACCIÓN

E outra vez. O musical “Un médico na aldea”, homenaxe ao médico, humanista e alcalde da Estrada Manuel Reimóndez Portela colga de novo o cartel que anuncia que xa non hai entradas. O cuarto pase desta obra na que conxuntamente traballan os actores da Escola Municipal de Artes Escénicas (EMAE) e a agrupación de música e baile Tequexetéldere –con ilustracións en directo de Rosa de Cabanas– será este sábado e volverá a ter o patio de butacas do Teatro Principal cun cheo.

Ante o éxito que está tendo unha homenaxe que tamén se fai extensiva á figura de Luis Reimóndez, pénsase xa en programar unha nova función, aínda que está pendente de data.