A Estrada celebra o Día dos Medios en Galego cun roteiro pola vila

REDACCIÓN

O 7 de febreiro celébrase o Día dos Medios en Galego, coa que a súa asociación (Amega) quere contribuir á visibilización do cento de empresas de comunicación actuais que utilizan en exclusiva a lingua galega e poñen o foco na realidade de Galicia. As actividades programadas inclúen unha serie de roteiros xornalísticos por diferentes vilas do país, o primeiro dos cales terá lugar na Estrada este sábado.

O pistoletazo de saída darao Pedro Pérez na Praza da Música, coa historia de Radio Estrada. Ás 12.15 horas, na Calvo Sotelo, Marcos Borrageros falará da Asociación Vagalumes, e ás 12.30 horas será Pepe Rodríguez quen, na Avenida Benito Vigo, debulle a figura do fundador de Estrada Televisión. A seguinte parada será nos Xardíns Municipais, frente ao monolito aos irmáns Valladares, onde Laura Filloy falará de Avelina. Para rematar, na praza do Concello, o edil de Cultura, Juan Constenla, entregará o premio Manuel Reimóndez Portela. Tequexetéldere ofrecerá unha actuación musical.