Luis Manuel González presenta no Museo de Lalín “Ha nacido un ángel”

Leva doados 1.500 euros á Asociación Española contra o Cancro coa venda da súa ópera prima

Luis Manuel González Coego xunto a concelleira de Sanidade, Noelia Seijas.   | // BERNARBÉ/JAVIER LALÍN

Luis Manuel González Coego xunto a concelleira de Sanidade, Noelia Seijas. | // BERNARBÉ/JAVIER LALÍN / Redacción

Redacción

O lalinense Luis Manuel González Coego presentou onte, a tardiña, no Museo Municipal Ramón Aller da capital dezá o seu primeiro libro “Ha nacido un ángel”. Nel, o autor, de 27 anos, narra a súa particular loita cando llo diagnosticaron cando tiña 26. O acto, aberto ao público, contou coa presenza da concellira de Sanidade de Lalín, Noelia Seijas. O libro do mozo de Lalín ten un custo de 15 euros e a totalidade do recadado vai destinado á Asociación Española contra o Cancro, para á investigación desta doenza e tamén de enfermidades raras. Polo momento o autor de “Ha nacido un ángel” leva doado xa 1.500 euros da venda da súa ópera prima. González Coego explicou a FARO que “cando me diagnosticaron cancro pecheime moito en min mesmo. Por iso empecei a escribir, foi unha vía de escape e un xeito de entenderme mellor”.