O instituto Antón Losada incorpórase ao programa Ponte...nas Ondas!

REDACCIÓN

O instituto Antón Losada Diéguez, da Estrada, forma parte do listado de centros educativos que no presente curso se incorporan nunha fase experimental ao programa Ponte... nas Ondas!. Esta iniciativa foi recoñecida en 2022 pola Unesco como exempleo de boas prácticas en materia de sensibilización co patrimonio na infancia. Os centros participantes contarán cunha serie de recursos cos que se busca a implicación da infancia e da mocidade nas súas propias tradicións para crear conciencia sobre a importancia do patrimonio cultural inmaterial.