O día de Neira Vilas celébrase con lecturas e premios literarios
O CEIP de Ou Foxo celebrou onte, cadrando co aniversario do seu nacemento, o día de Xosé Neira Vilas. Así, durante a mañá todo o alumnado se reuniu na biblioteca do centro, que dende 2014 leva o nome do autor, para realizar unha serie de actos, entre os que figuraban a escoita de audios do propio Neira Vilas recitando os seus poemas, a lectura de fragmentos por parte dos nenos e nenas, e a intervención da directora, Rosa María Ferreira, que falou aos pequenos da relación entre o centro e o crucense. Por outra banda, o gañador da oitava edición do premio Xosé Neira Vilas de novel curta recibiu onte o premio nunha gala que tivo lugar ás 19.00 horas na Casa do Romano, sede da Fundación dedicada a este autor en Gres, Vila de Cruces. Rexes conseguiu cautivar ao xurado do certame literario coa súa obratitulada Nove Lúas grazas á súa estrutura narrativa arredor dos personaxes e o argumento.
Temas
Más en Deza-Tabeirós
-
Desciende la tasa de riesgo de pobreza pero aumentan los usuarios de entidades solidarias
-
“Hoy se nos dice que para ser buenos padres tenemos que ejercer de guardaespaldas”
-
La Diputación califica como “desprecio” del Gobierno el no a una autovía hasta Ourense
-
El Xfest creará un gran parque de skate en los jardines y decorará calles con grafitis