Dúas novas marcas de memorización do número pi, con selo do Camballón

Os irmáns Candela e David Troncoso Borrego son capaces de reter 421 e 420 cifras

Candela e David Troncoso Borrego, xunto 
a un mural cos decimais do número pi.

Candela e David Troncoso Borrego, xunto a un mural cos decimais do número pi. / REDACCIÓN

REDACCIÓN

Hoxe, 14 de marzo, é o Día Internacional do Número Pi.A data escolleuse tendo en conta que é 3,14, as cifras que todo o mundo lembra dese número moi empregado en enxeñería, en física ou na cosmoloxía. Pero pi ten infinitos decimais, así que hai un portal web, o PI World Ranking List, no que se recollen os récords de memorización deste número en todo o mundo. No listado xa había un nome dezao, o de África García Lorenzo, estudante do IES Marco do Camballón que conseguira memorizar 166 cifras decimais. Era, ademais, a mellor marca deste centro educativo de Vila de Cruces.

E dicimos que era porque o Camballón xa ten novos récords: os de Candela Troncoso Borrego e o seu irmán David. Candela estuda segundo de Secundaria e logrou memorizar 421 decimais do número pi, mentres que David chegou aos 420. Con estes resultados, pasan a ocupar os postos 370 e 371 no citado listado mundial, mentres que a escala española están no sétimo e oitavo lugar. Dende o departamento de Matemáticas os e as docentes queren felicitar a estes dos alumnos pola súa determinación e memoria.