Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

MIGUEL DE LA CALLE BERMEJO | Chorima Cosmética Atlántica

“Non tés que ter un laboratorio grande para poder facer ciencia no rural”

“Comezaremos a vender en puntos locais catro produtos: crema facial, corporal, de mans e limpador”

Miguel de la Calle, na sua vivenda, onte montará o laboratorio.

Miguel de la Calle é químico e tras o seu paso polo programa de RR_dTerritorio, quere montar un laboratorio productor de extractos naturais para cosmética. Antes de comezar este proxecto tiña unha empresa de paquetería.

–¿Que fai diferente a Chorima? ¿Estamos falando de cosmética natural ó 100%?

–Moita xente que emprega cosmética natural ao cen por cento déixaa porque ñas veces tarda en absorberse ou queda como pastosa. Eu quero cubrir ese mercado con ingredientes naturais locais, combinados con sintéticos como o ácido hialurónico ou a vitamina C. Nas miñas formulacións emprego seis ingredientes naturais: por un lado, a cera, o propóleo e o mel, que mos facilita un apicultor de aquí da Estrada, Apícola Cañedo. Por outra banda, boto man de extractos de algas das Illas Atlánticas, e serían tres algas pardas e unha alga verde. E por último, os outros dous ingredientes naturais son o extracto de albariño e a auga de mar.

–¿Como descubriu os beneficios que poden ter para a pel estes produtos naturais?

–Pois lendo moito, e depaso, buscando ingredientes que se produzan no entorno, e fixándome tamén en que a xente que traballa na automoción ou na cosntrucción precisaba dunha crema especifica para protexer as súas mans. A miña idea é facer algo que me goste, poder traballar no que estudeie. Non tés que ter un laboratorio grande para facer ciencia no rural, senón que se trata de facer moita investigación, indagando en ingredientes novos e vendo cómo os podes empregar en cosmética.

–E botando man sempre de productores locais.

–Exacto, quero que os ingredientes veñan de xente da Estrada, da comarca ou da provincia. Da mesma maneira, a nosa intención é vender a través de internet e en puntos locais colaboradores. Nós teremos o laboratorio para facer os extractos, e a producción cosmética tereina externalizada.

–¿Cando estarán os primeiros produtos á venta?

–A idea inicial era telos xa neste Nadal, pero ao final será para San Valentín. Vou comezar con catro produtos: unha crema facial, outra corporal, unha de mans e un limpador nutritivo.

–¿Como foi a experiencia de ter participado no programa RR_dTerritorio?

–Sínteste moi acompañado. Nete tipo de proxectos entran iniciativas en distintas fases de desenvolvemento, desde unha que é só unha idea moi verde a outra que ao mellor xa está no mercado. Os poñentes puxéronnos en contacto con persoas vinculadas ao sector de cada un e agora, co programa xa rematado, ainda mantemos un grupo de whats app da presente edición do programa, e hai outros grupos nos que te informan de axudas ou de cursos. No meu caso, foi moi importante a tutoría persoal, centrada no comercio por internet. Tamén quero destacar a rede de networking que se crea, porque teño pensado traballar cunha produtora de hidromel e cunha diseñadora gráfica. para que me faga o logo.

–¿Son necesarios estes programas de emprendedores?

–Moito, eu estou moi satisfeito de ter participado, sobre todo por esa rede de contactos que establecemos.

Compartir el artículo

stats