Onte, 27 de agosto, cumpríronse 86 anos que foi fusilado na Caeira-Poio, na estrada á parroquia de Campañó do Concello de Pontevedra o que fora o máis representativo dos alcaldes de Lalín no periodo da II República Española, Manuel Ferreiro Panadeiros, militante de Izquierda Republicana.

O seu delito fora defender a legalidade democrática e institucional do réxime republicano que se proclamara no Estado Español o 14 de abríl de 1931. Á altura do sábado, 18 de xullo de 1936, Manuel Ferreiro xa non era o alcalde de Lalín, xa que o Concello estaba gobernado por unha xestora que presidía o militante nacionalista do PG de Castelao e Bóveda, D. Xesús Golmar, e Manuel Ferreiro fora nomeado Secretario do Concello polo entón Gobernador Civil de Pontevedra,

O alcalde republicano Manuel Ferreiro.

Manuel Ferreiro, foi o primeiro “axustizado” a consecuencia do golpe de estado do 18 de xullo de 1936 en Lalín, pero logo seguirían a de outros viciños, que por ter dereito por Lei ao seu recoñecimento como vítimas pasamos a nomear por sentirmos en débeda con eles, xa que defendemos o dereito a coñecer a verdade histórica, e por un deber de memoria democrática lembrarnos de eles:

Jesús Froiz Gómez, afiliado ao Partido Galeguista (Moneixas, asasinado no Concello de A Estrada o 9 de Outubro de 1936); Luis Frade Pazos (Bendoiro), Eliseo Garra Lalín (Donramiro), Ramiro Granja González (Filgueira), José López Bermúdez (Nacido en Cádiz, viciño de Bendoiro), José Montouto Rodríguez (Donsión) e Luis Varela Sobrado (Palmou) todos este “seis” asasinados na chamada “Volta do Couto” en Tenorio, Concello de Cotobade o 09 de Novembro de 1936.

José Crespo Torres (de Bendoiro, líder sindical, condenado a morte en Consello de Guerra e fusilado o 02 de decembro de 1936); Benito Fernández Balboa (asasinado o 04 de xaneiro de 1937); José Donsión Muiños (de Donsión, executado tras Consello de Guerra en Monte-Porreiro - Pontevedra o 16 de marzo de 1937); Adolfo Blanco Barreiro (Cristimil), José Carballude González (Donsión) e Antonio Iglesias Blanco (Doade) os tres abatidos pola Guardia Civil o 22 de maio de 1938 en Navarra ao tentar fuxir da Cadea de San Cristóbal de Pamplona.

Outros que aparecen “paseados” durante o periodo da Guerra, naturais e viciños de Lalín, foron:Eligio Quintá Ramos (Ferrol +06/10/1936); Gonzalo López Rodríguez (Serantes-Ferrol +11/10/1936); Amadeo Enríquez Baldonedo e Celso Lamas Coego (soldados mortos en filas); José Vázquez Fernández (Nado en Cuba, fillo de emigrante de Bermés, condenado a morte, non se executa por ser súbdito cubano, pero morre na cadea de San Cristóbal en Pamplona o 21/Maio/1940).

Outros a destacar como vítimas da represión da Ditadura de Franco, foi o profesor Manuel Golmar Rodríguez, do Partido Galeguista, condenado a cadea perpetua por “rebalión militar” é preso primeiro na Illa de San Simón, foi trasladado á Prisión de San Cristóbal (Pamplona), onde permaneceu até 1941. En liberdade provisional, pero inhabilitado para o Maxisterio, regresou a súa parroquia de Santiso onde casou. Morreu sen ser rehabilitado como mestre.

Tamen é de salientar é o viciño de Bermés, José Fondevila García,coñecido como “O Comunista de Bermés”, lider sindical, fuxido logo do golpe do 18 de xullo, pasa a zona republicana e intégrase no exercito popular leal a República até o fin da guerra civil, e logo de tentar regresar a Lalín, diante do persecución a que é sometido, fuxe a México logo de pasar por Portugal.

O BNG non sinala a ninguén en absoluto, como responsábel vitimário, verdugo ou colaborador local con aquel terror fascista, lonxe é a nosa intención de ningún xesto de revancha. Só recoñecer ás vítimas locais do terror golpista que un grupo de altos mandos militares dirixidos por Franco provocaron no Concello de Lalín ao sublevarse contra o gobeno da II República. Honor e gloria a todos eles, que son parte da moi numerosa GALIZA MÁRTIR, como calificou Castelao esta matanza de civís por defender a democracia e a legalidade lexítima naquel tráxico momento.