Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Sabela Rey Cantante de Sabela King & The Heartbreakers

“Encántame o xeito que tiña de rachar a súa voz a grande Etta James”

Sabela Rey xunto a Benjamín Vázquez e Ramón Figueira, o trío que actuará o domingo en Lalín.

Sabela King & The Heartbreakers defínese pola contención e a sutileza. A potente voz de Sabela mistúrase coas atmósferas creadas polos Heartbreakers para ofrecer un espectáculo cheo de texturas. Xuntos trazan unha viaxe sonora e estilística na que se percibe un profundo respeto ás linguaxes das músicas populares, sen deixar de lado as súas influencias modernas. Este domingo, día 21, amenizan a sesión vermú na Praza da Igrexa da capital dezá dentro do programa estival Lalín é Cultura.

–Como está indo o verán en canto a actuacións se refire?

–Moi ben. Non hai queixa. Hai que ter en conta que o ano pasado tampouco tivemos un mal verán porque imos pola unha media de tres concertos á semana, algo que na nosa profesión e moito.

–Que tipo de concerto veremos o domingo en Lalín?

–Imos ir a trío con Benjamín á guitarra, Ramón na armónica e eu no ukelele e voz. Facemos un pouco músicas do mundo porque é o que nos gusta facer. Hai dende música americana a rancheras, un pouco de todo. Vai ser un concerto acústico para ver sentados e tomando un vermú, que é do que se trata.

–Cal é o criterio para elexir as cancións nun abano tan variado como o de músicas do mundo?

–Entre todos os membros do grupo propoñemos os temas cando queremos mover o repertorio. Tamén temos moitas cancións que son de creación propia que están no noso disco. Quero dicir que moito do que tocamos, e tamén vai pasar o domingo en Lalín, é de creación propia. Todos propoñemos temas que non sempre van adiante.

–A súa voz lembra os sons do blues tradicional. Góstalle estar vencellada a ese estilo musical?

–Teño que recoñecer que teño influencias moi dispares. Para min unha das grandes do mundo do soul é Etta James pero tamén unha das músicas nas que máis me inspiro no xeito de cantar é Silvia Pérez Cruz. Tamén me gosta moito Salvador Sobral porque é moi xoguetón á hora de cantar. Entón, vas collendo cousiñas de músicos que che gostan e ao final acabas formando a túa propia persona como cantante. Pero xa digo que o que me encanta é o xeito que tiña de rachar a voz a grande Etta James.

–Está previsto ampliar o número de traballos discográficos?

–Temos un disco de momento que gravamos xa fai un par de anos e é o que temos. Como houbo toda a pandemia de por medio non se puido mover moito, a verdade. Hai que seguir facéndoo porque aínda temos moitos nas caixas e hai que vendelos. Despois de facer un pouco de cartos porque son todos autoproducidos, nun futuro seguro que graaremos un novo disco. Como non houbo moito traballo pois tampouco houbo moito aforrado.

–Teño entendido que a formación de sexteto ten moito que ver con ese primer e único disco?

–É certo porque pensamos que era a formación ideal para poder gravar o noso primer traballo. Ademais, está claro que as cancións teñen máis corpo e presencia cando estamos os seis tocando. Dende entón temos claro que para defender o traballo faría falta que estivéramos todos enriba do escenario. Así que, somos un sexteto nese caso.

Compartir el artículo

stats