Cruces rende tributo a Anisia Miranda
A escritora protagoniza a inauguración da mostra itinerante “Pontevedra e América” que estará na Praza da Igrexa ata o 26 de xullo, logo do seu recente paso por Silleda

A inauguración da exposición en Vila de Cruces tivo lugar onte pola tarde. | // BERNABÉ/JAVIER LALÍN / SALOMÉ SOUTELO

Despois da parada en Silleda (do 11 de maio ata o 6 de xuño), a mostra itinerante Pontevedra e América. Unha mirada en feminino volta a Deza. A historia de 13 mulleres da e na emigración pode contemplarse dende onte na praza da igrexa de Vila de Cruces. E se en Silleda as súas protagonistas foron Elena Colmeiro e Virxinia Pereira, en Cruces a principal figura é Anisia Miranda.
Naceu en Ciego de Ávila (Cuba) en 1932, e faleceu en Vila de Cruces en 2009. Vivía en Gres dende 1991, a onde se trasladara co seu home, Xosé Neira Vilas, e onde continuou cun tremendo labor tanto de producción literaria infantil como de dinamización e amor pola lectura entre a xente máis nova, a través da Fundación Neira Vilas. Anisia Miranda publicou por primeira vez aos 12 anos, en La Habana. Coñeceu a Neira Vilas en Arxentina en1954, e con el funda tres anos despoius a editorial Follas Novas. De volta a Cuba, Anisia Miranda pon en marchas as revistas infantís Zunzún e Bijirita. Podemos lembrar varios dos seus libros en galego para a infancia, como A casa dos títeres, Os contos de Compay Grilo, Pardela amiga ou Mitos e lendas da vella Grecia.
A vida e legado de Anisia Miranda e doutras doce mulleres pode contemplarse en catro cubos que recollen a traxectoria vital de todas elas e a súa importancia na emigración. Na inaguración da mostra interviron a deputada provincial de Cultura e Igualdade, Victoria Alonso; o alcalde cruceño, Luis Taboada, e a directora da Cátedra Iberoamericana da Universidade de Santiago, María Cadaval Sampedro. Foi María Xosé Rodríguez Galdo, catedrática de Historia e Institucións Económicas da USC, quen se encargou de realizar unha visita guiada pola mostra, mentres que Pilar Sampedro, xa no salón de plenos do consistorio, ofreceu unha moi completa conferencia sobre a figura de Anisia Miranda, Temos que lembrar que a Fundación Neira Vilas, da que foi fundadora e vicepresidenta ata o seu pasamento, entregou este ano o galardón da da primeira edición do Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia, que recaeu en Travesía unicornio, da escritora María Canosa.
En sete localidades
Esta mostra itinerante, ademais de en Trasdeza, tamén puido visitarse en Cerdedo-Cotobade e en POntevedra. Permanecerá en Vila de Cruces ata o 26 de xullo, e despois continuará o seu periplo por estes enclaves da provincia: O Grove, Vilagarcía, Soutomaior e Redondela. Nestas catro vilas, como ocorreu nas anteriores exposicións, tamén se organizarán conferencias para coñecer as figuras femininas emigradas ou nadas na emigración que tiveron relación con cada localidade.
- Homicidio en la estación de autobuses de Vigo: «Llama a la Policía que mataron a Roberto, está lleno de sangre»
- Pide ayuda para encontrar un sobre con dinero que perdió en Cambados
- La Xunta niega la jubilación a un profesor de Vigo con una depresión «irreversible» diagnosticada por tres especialistas
- Las gallinas de los corrales de 40 concellos de Galicia, confinadas para frenar la gripe aviar
- Cinco familias demandan por acoso escolar al Compañía de María de Cangas
- Pesar en Silleda por la muerte de Vicente Dacosta a los 41 años
- El hostelero investigado por el caso del agua contaminada con sosa cáustica: «El problema vino de la botella»
- La chapelana Rosana González, reina de la belleza