Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

xulio carballo arceo nnficha persoal | Arqueólogo

“A investigación con maiúsculas é poder facerlle preguntas a un castro”

Participa hoxe nas xornadas técnicas sobre a cultura castrexa de Deza da UNED

Carballo participa hoxe nas xornadas técnicas sobre a cultura castrexa en Deza da UNED.

As primeiras xornadas técnicas sobre a cultura castrexa na comarca de Deza organizadas pola aula universitaria da UNED de Pontevedra en Lalín celebran hoxe a segunda das súas sesións. O arqueólogo e investigador silledense Xulio Carballo Arceo será un dos ponentes encargados de falar baixo o epígrafe de “Galaicos de Deza”.

–Cumprían unhas xornadas técnicas adicadas á cultura castrexa na comarca dezá, non si?

–É algo que está realmente moi ben. A verdade é que non sei de ónde proceden os alumnos pero se foran da zona moito mellor, por suposto. Ademais, hai que subliñar que está organizado por Antonio Presas, que é Gallaicos de Deza”.

–Onde ten pensado incidir durante as súas ponencias das xornadas técnicas da UNED de Lalín ?

–Vou incidir nos castros da comarca de Deza dunha maneira xenérica cun estudo da ordenación do territorio na época castrexa. Non é unha ordenación no sentido actual do termo. Trátase de ver cómo quedou ordenado o territorio dos castros e despois nos resultados das escavacións arqueolóxicas que eu fixen en cinco castros do Concello de Silleda, que son sondaxes, ademais doutras feitas noutro castro que pertence ao Concello da Estrada e que se atopa no límite da actual Trasdeza.

–Que resultados presentan eses sondaxes arqueolóxicos?

–De Lalín e de Deza nunca falei en concreto dese tema pero son moi interesantes. Tamén teño previsto facer unhas consideracións xerais sobre todos os castros da zona. Entrarei en cuestións de tipo poboacional, económico e da evolución do mundo dos castros dende o seu inicio ata o seu remate.

–Hai documentación suficiente para facer este estudo?

–Si pero queda moita investigación por facer. Non exactamente escavacións. Hai que ter en conta que moitas veces se fan excavacións que non van orientadas á investigación. Queda moitísimo por facer. Estos son uns primeiros resultados que se poderán variar no futuro en función das investigacións novas que se fagan, claro.

–Estase escavando a xeito nos castros da comarca dezá?

–Datos que eu saiba escavados na comarca son so que eu fíxen que nacen dunha investigación para unha tese de doutoramente. Por tanto, foron escavados para unha investigación arqueolóxica e despois tapamos as sondaxes que se fixeron. Non están a vista. E despois están as escavacións que se fixeron en Deza por motivos de obras públicas, caso do Castriño de Bendoiro, e son intervencións que non están orientadas exclusivamente á investigación. Están pensadas en función de se hai restos merecedores de ser conservados in situ ou non realmente. De feito, nesa intervención non foi presentada aínda a memoria, que eu saiba.

–Tamén se fixeron varias intervencións no Castro de Doade durante varias campañas. É un caso moi similar non lle parece?

–Claro. En Doade tampouco parten nunha investigación propiamente dita. Eu cando falo de investigación non é poñer os muros á vista. Eso é outra cousa porque é unha parte da investigación primaria. En Doade fíxoe unha intervención de xeito pausado e ben. Despois está outra intervención no Castro de Sampaio, en Merza, en Cruces, que eu non coñezo nin os resultados pero que tamén parte dunha iniciativa veciñal onde querían saber que é o que había aí.

–Que é para vostede unha investigación arqueolóxica?

–A investigación con maiúsculas é facerlle preguntas a un castro. Tales como de qué vives, cómo se comporta a túa sociedade, xánta poboación vivía aí, cál era a economía dese pobado, etcétera.

–Ese tipo de datacións xa non abundan moito, non?

–Non se fan porque non hai diñeiro do que ten os promotores para poder facelas. Por exemplo, noutros castros que se escavaron na miña época hai vinte datacións de carbono-14. Hoxe é impensable se as intervencións as promoven organismos públicos con outros fins que non son os da investigación propiamente dita porque esas datacións gasan moitos cartos.

–Hai material para poder facer un museo adicado á prehistoria da comarca dezá?

–Tanto na comarca de Deza como en calquera outra. O Museo de Pontevedra ten restos arqueolóxicos de grande relevancia atopados casualmente hai moitos anos e tamén outras pezas de pedra megalíticas. Habería material para un museo. O problema destes museos é que o ideal sería que un museo central como o de Pontevedra tivese unha especie de delegacións entendidas como centros expositivos pero é moi difícil que se cren museos comarcais con persoal. Non só persoal que abra e peche as portas, tamén persoal técnico e para eso hai que contar con bastante orzamento.

–Que solución habería para poder sacalos adiante?

–Xa digo que o máis factible é crear centros de exposición que dependan dun museo central que conte con técnicos e persoal suficiente e o centro bastaríalle con persoal de vixilancia.

–Pódese investigar sen ter que deixalo todo á vista?

–En función dos resultados que ti pretendas alcanzar non tés por qué facer unha escavación de poñer muros á vista necesariamente. O obxectivo principal destas intervencións non é a investigación. O principal é poñer os restos dos muros á vista. Insisto en que a investigación arqueolóxica é bastante máis que os muros, é analítica de todos os materiais arqueolóxicos que parten das intervencións, sexan metálicos, cerámicos, carbóns ou restos de todo tipo de cousas o datacións de carbono-14

Compartir el artículo

stats