Tres traballos remitidos desde o IES Mediterráneo, de Cartaxena (Murcia), gañaron o XI Premio Nacional Avelina Lamas, convocado polo departamento de Lingua Castelá e Literatura do IES Aller Ulloa: Lucía Ruíz Núñez (en portada de libros), Celtia Ángel Pérez (poesía visual) e Irene Conesa Asensi (marcapáxinas). A decisión do xurado, logo de valorar as 42 creacións presentadas, foi unánime e premiou tamén a Enzo Touceda Rodríguez e Gerard Estrada Quinquillá, cun segundo ex aequo, e a Nuria Sinfreu Abad, os tres do Col.legi Sant Ermengol (Andorra), en portada; a Laura Viktória Tamás, do instituto Kodály Zoltán de Pécs (Hungría) e Yara Franco Castro, do IES de Valga, en poesía visual; e a Rocío Rodicio González, do CPR Santa Teresa de Jesús (Ourense), en marcapáxinas.