A xunta de goberno local de Dozón aprobou un gasto de 2.393 euros para conceder becas de axudo ao estudo a 25 alumnos e alumnas do CEIP Pío Cabanillas. As contías oscilan entre os 94 e os 200 euros, e permitirán cubrir gastos de adquisición de material escolar e/ou de libros. A lista de personas beneficiarias pode consultarse no apartado de sede electrónica da web municipal, na xunta de goberno local do 30 de decembro. Nesta sesión tamén quedou aprobada a concesión dunha axuda de 1.000 euros, splicitada por unha veciña polo nacemento do seu fillo, que foi empadroado no Concello. Para optar a estas axudas, un dos pais deberá acreditar que está empadroado en Dozón polo menos 12 meses antes do nacemento do neno ou nena.