Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O Recreo Cultural promove o uso do galego

A histórica sociedade estradense pasa a formar parte da Rede de Dinamización Lingüística

Campamento de verán no Recreo Cultural de A Estrada.

En maio deste mesmo ano o Recreo Cultural de A Estrada cambiaba de directiva, deixando atrás a época do equipo encabezado por Carlos Faílde e dando entrada a unha nova fase da man de Iago González Beceiro como director e Ignacio Diéguez Sanmartín na vicepresidencia.

Nesta nova etapa, o equipo está a darlle unha man de “chapa e pintura” á histórica asociación, levando a cabo iniciativas que ata agora nunca se deran, como é o I Mercado de Nadal organizado pola entidade. Ademais disto, a organización quixo asumir un novo reto mediante a adhesión este pasado 20 de novembro á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) promovida pola Xunta de Galicia a través da súa Secretaría Xeral de Política Lingüística. A finalidade, confesa o vicepresidente Ignacio Diéguez, é promover o uso do galego dentro das instalacións, tarefa que ata o momento parecía estar un pouco esquecida, e engade que pretenden facer da lingua autóctona de Galicia o idioma vehicular para as actividades e os actos levados a cabo dende a asociación ou nas súas inmediacións. No marco desta recente liña de actuación, o Recreo Cultural acollerá nas súas instalacións a actuación do artista ourensán Emilio Rúa, que ofrecerá o seu espectáculo “Nadaliñas” o 11 de decembro ás 18.00 horas no que será un dos actos culturais acollidos para a axenda do mercado festivo organizado pola entidade.

Por outra banda, se ben a nivel educativo e administrativo se tenta levar a cabo políticas de normalización e dinamización lingüísta, a realidade é que se está a sofrir unha redución do uso no ámbito doméstico, do ocio, do deporte, e en espazos fóra do institucional, comportamento que da a volta á percepción vencellada ao uso do galego en pasadas xeracións. É por iso que inciativas deste tipo, onde se busque contribuir a un maio espallamento da lingua e un crecemento do seu uxo ás marxes de eventos formais ou de carácter institucional, son necesarias e ben recibidas. No caso estradense, a actuación desta sociedade histórica no plano lingüístico mediante a promoción de artistas e productores locais servirá para dar un novo impulso ao idioma dentro do municipio, así como a reforzar esa imaxe de renovación e reinvención da propia entidade.

O CEIP do Foxo etiqueta con “bicos a moreas”

O CEIP do Foxo, en colaboración coa Asociación de Comerciantes de A Estrada (ACOE) e a Asociación Comarcal de Empresarios (ACE) lanzan nestes días a novena edición da campaña de etiquetado “BICOS A MOREAS”. Unha iniciativa levada a cabo pola área de dinamización lingüístca do centro educativo, e que consiste na creación de etiquetas adhesivas deseñadas polos seus alumnos e alumnas. Os cativos empregaron o seu lado máis creativo para crear unhas etiquetas que poderán ser entregadas posteriormente nos establecementos comerciais da localidade, e onde expresaron as emocións que sinten ao entregar un agasallo a algué querido. Emocións que, por outra banda, debían estar expresadas en galego. Os interesados ou interesadas poderán achegarse polas oficinas de ACE para recoller as pegatinas. O proxecto pretende impulsar a presenza do galego no ámbito empresarial e comercial da zona, e conta cunhas 15000 etiquetas con mensaxes escritas na lingua autóctona de Galicia.


Clases gratuitas para inmigrantes

En Silleda botou a andar unha nova edición do programa municipal Anduriña, de alfabetización e integración cultural para a poboación inmigrante, ofertadas agora tamén a nenos e en horario de tarde, para facilitar a conciliación. Todas as clases son gratuitas e impártense na Casa da Cultura, onde comezaron onte co grupo de persoas adultas. As sesións de lingua e cultura españolas para maiores son os luns (con grupos de 9:30 a 11 e de 20 a 21:30) e as de galego, tamén os luns (11:30-13) e os mércores (20-21:30). As aulas infantís de galego fíxase inicialmente os venres pola tarde, de 19 a 20 horas. A Concellería de Educación e Benestar Social decidiu ampliar o programa á poboación infantil para dar resposta ás novas necesidades lingüísticas que presentan as familias inmigrantes, sobre todo chegadas desde América Latina.



Compartir el artículo

stats