Para que unha cultura permaneza viva é imprescindible que os máis novos coñézana e participen dela. O IES Pintor Colmeiro de Silleda tómase moi en serio esta premisa e desde hai varias semanas incluíu entre as súas actividades un taller de regueifas. Como parte da iniciativa, un experto na materia estivo acudindo ás aulas da institución para formar aos alumnos silledenses nesta arte da tradición oral galega.

Despois de traballar certo tempo co alumnado de 2º de ESO, etapa na que se centraba o proxecto, os docentes coincidiron en que a canteira contaba con destacable talento, e tras certa reflexión tomaron a decisión de inscribirse na segunda edición do Certame de Regueifas, unha iniciativa para recuperar esta tradición galega promovida pola Deputación de Pontevedra en colaboración coa asociación Oral de Galicia, cuxa intención era, segundo manifestou a deputada de Lingua, María Ortega, poñer en valor a lingua galega entre a mocidade, potenciando as súas habilidades comunicativas ao mesmo tempo que se recuperaba unha tradición.

A competición, que deu o seu pistoletazo o 13 de outubro celebraba a pasada xornada a súa demostración final, na que o Pintor Colmeiro, xunto con outros 9 centros finalistas, que deberon demostrar a súa capacidade para a improvisación no ámbito da confrontación, ademais doutras habilidades relacionadas coa poesía, como a rima, o ritmo, ou a métrica. E como era de esperar, os adolescentes silledenses demostraron ao auditorio de que madeira estaban feitos, clasificándose como os primeiros na categoría de centros, seguidos polo CPR Quiñones de León e o IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Ademais, unha das súas alumnas, a moza Rosalía Agra, tamén foi galardoada a título individual ao gañarse un posto entre os catro mellores participantes da competición. Ela, xunto cos outros tres premiados, recibiron por parte da organización unha tablet que agora poderán usar para empregarse nos seus estudos.

Tanto o xurado como os demais asistentes desfixéronse en eloxios para co centro educativo, que ademais é o primeiro da comarca en formar parte deste tipo de programa. E resaltaron especialmente a creatividade, imaxinación e competencia da lingua galega que demostraron os mozos na improvisación das súas coplas.

En resumo, o futuro da cultura popular galega brilla cunha singular luz nestes días. Grazas, sobre todo, ao esforzo colectivo das xeracións máis novas e as máis maiores, que mediante o traballo en equipo asegúranse de que as súas tradicións, a súa fala, e aqueles elementos que conforman a súa identidade colectiva, non caen en desuso, ou no esquecemento, senón que se manteñen vivas no día a día e en ocasión, mesmo se celebran.