Síguenos en redes sociales:

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Adela Otero e Nerea Fiuza durante unha xornada de rodaxe do filme Miña Xoia.

Adela Otero e Nerea Fiuza | Produtoras da mediometraxe Miña Xoia

“A figura da muller ten que ocupar o papel que lle corresponde”

“A representación da tradición ao uso debe de camiñar á par da evolución da sociedade”

Poñer en valor á muller no mundo da música tradicional e darlle protagonismo. Esta é a principal cuestión que xira arredor da mediometraxe Miña Xoia de Adela Otero e Nerea Fiuza, un proxecto audiovisual vinculado á Carballeira de Cercio que será presentado hoxe no Pazo de Liñares ás 21:30 horas.

O xerme da iniciativa xorde tras unha proposta de Javier Blanco ás dúas integrantes da formación e xa profesionais do mundo audiovisual para substituír o festival do grupo no 2020, que non puido celebrarse por mor da pandemia. Ao día seguinte, Adela e Nerea xa tiñan o guión practicamente rematado e pouco despois comezou a rodaxe, vivindo uns días moi intensos, pero tamén moi bonitos para toda a agrupación e para elas mesmas. “Quixemos centrarnos na figura da muller no mundo da música tradicional e darlle protagonismo no noso proxecto”, sinalaba Nerea Fiuza.

O fío condutor do filme é precisamente unha xoia que vai pasando de xeración en xeración na familia das protagonistas. Nel, inclúense temáticas quizais un pouco tabús, partindo dunha muller que cumpre con todas as condicións que se lle dan por presupostas –casar, ter fillos, un fogar...– e que se decata de que non é feliz, xurdindo unha serie de problemas que van avanzando coa trama. Como ben afirmaba Nerea, “a figura da muller ten que ocupar o papel que lle corresponde e acabar con eses roles predeterminados”. Esta cuestión tamén dá pé a unha reflexión sobre a o desenvolvemento da tradición. “A representación da tradición ao uso ten que camiñar á par da evolución da sociedade”, comentaba Adela.

Levar a cabo un proxecto destas características non é sinxelo e en tempos de pandemia moito menos. Ademais das grandes dificultades que supuxo o cambio de vestiario na rodaxe, a post-produción foi unha tarefa bastante complexa. “Somos bastante perfeccionistas e cada vez que revisabamos todo sempre atopabamos algún fallo, retocamos a chea de veces...”, confesaba Adela. Este ano, tiveron que gravar de novo algunhas esceas coas que non estaban satisfeitas e ata hai uns días non tiveron o resultado final. De feito, aínda onte exportaron unha segunda versión. Aínda así e tras ver o resultado estes días, fíxoselles imposible non emocionarse ao chegar aos créditos: “é un proxecto que fixen cunha amiga que representa a metade da miña familia”, dicía Adela.

Sen ter aínda moi claro o percorrido de Miña Xoia –que pode que se presente a un festival que encaixe coas súas características e se dé a coñecer á vila lalinense nos próximos meses–, Nerea e Adela séntense emocionadas e agradecidas con todas as persoas que fixeron posible a iniciativa. Especialmente con Benxamín Otero, que compuxo a banda sonora do filme. Para elas, A Carballeira é a súa seguna familia e, como ben sinalan, “a Miña Xoia é a nosa xoia”.

Música e títeres centran a oferta cultural de agosto

O Concello de Lalín ven de presentar a programación cultural para o mes de agosto. O concerto ofrecido pola Banda de Vilatuxe na Praza de Galicia o próximo sábado ás 18:30 horas pechará o mes de xullo e dará paso á actuación doutra banda de música, neste caso a Banda de Muimenta, o domingo día 1 de agosto no mesmo emprazamento ás 19:00 horas. O programa continúa coas acuactuacións das agrupacións +QDanza e Scene Ballet o 7 e o 8 de agosto respectivamente, o concerto de Broken Peach o venres 13 e o espectáculo de Titirideza os días 20, 21 e 22 de agosto. Todas estas actividades desenvolveranse na Praza da Igrexa. A maiores, tamén haberá eventos noutras parroquias de Lalín. É o caso da actuación do dúo Habana Feeling en Vilatuxe o 10 de agosto ou de Pachi Show en Botos o martes 24. Estes dous actos enmárcanse dentro da iniciativa Circuitos no rural da consellería de cultura do Concello de Lalín.

Esta es una noticia premium. Si eres suscriptor pincha aquí.

Si quieres continuar leyendo hazte suscriptor desde aquí y descubre nuestras tarifas.