Chorima celebra a súa primeira asemblea aberta hoxe ás 18:30 horas no Salón Teatro de Lalín para explicar as súas características como asociación e cales son os seus obxectivos. Esta convocatoria ten a finalidade de deixar máis claro “quen somos, que queremos e as necesidades que temos como cidadás e que pretendemos visibilizar e cubrir”, apuntan. Tamén darán conta do seu funcionamento para intentar sumar forzas, polo que convidan a todos os interesados a asistir. “Se estades dacordo con nós, estariamos felices de que comecemos a facer Chorima máis grande e que todas formemos parte da asociación”, sinalan.