Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Un DJ que pincha en madeira

José Luis Frade posa con varios dos seus deseños. No recadro, caixiñas con famosos con cadansúa frase. | // BERNABÉ/JAVIER LALÍN

Comezou na artesanía en madeira facendo pendentes e colgantes, e agora, na web www.avelaina.es ou no perfil de Facebook do mesmo nome locen tamén bolsos, soportes para telefóno móbil, platos de polbo con imaxes a gosto do cliente, placas con frases de coñecios artistas, escritores ou investigadores... José Luis Frade é dos poucos artesáns que traballa coa transferencia de imaxes en madeira. Lembra que, sendo comercial dalgún artesán. “fun vendo que se podían facer cousas que non había a vender. Un dos artesáns que me daba traballo tiña láser, pero non o usaba”.

Así que mercou un láser pequeno e, hai uns catro anos, comezou a formarse na artesanía en madeira a base de tutoriais en Youtube. A tecnoloxía láser permite transferir imaxes á madeira, e desde hai tempo xa se emprega tamén noutros materiais máis comúns, como o azulexo ou a pizarra. No caso de José Luis Frade, emprega bidueiro ou chopo, e incluso piñeiro, porque adoitan ser madeiras brandas e de tons claros. Primeiro faise o deseño que se desexa imprimir no material, pásase a ordenador e co láser consigue cortarse e gravarse.

A marca Avelaíña vende tanto elementos decorativos como regalos personalizados e tamén souvenirs, xa sexa por internet ou en tendas de recordos en Lalín (na de Pedriñas), Ourense, Santiago ou o Carballiño. Frade non descarta abrir tenda propia nun futuro, posto que o seu taller está ao pé da ruta xacobea da Vía da Prata.

Colección de camisetas

“Manteño tanto a profesión de fontaneiro como a de pinchadiscos”, que xa desempeñara antes de comezar coa artesanía. “Isto é como unha reciclaxe”. A través da rede social de Facebook, José Luis Frade ‘fichou’ para Avelaiña á ilustradora arxentina Rocío Carbia. “Ela ten raíces galegas, e cada certo tempo vén a Galicia. As súas ilustracións teñen moito que ver con esta terra”, explica. Xuntos deron forma a unha colección de caixiñas, con personaxes tan coñecidos como As Marías, as duas irmás que teñen escultura propia na Alameda de Santiago. Baixo o nome de Galegos de Onte, venden caixas decoradas con imaxes de gaiteiros ou tamborileiros. E, co epígrafe de Estrelas, están a venta tamén imaxes de Rosalía, Castelao...con frases que nos deixaron para a posteridade e que aparecen cada vez que un abre a caixa. O éxito destas caixas con frase incorporada é tal que Frade e Carbia teñen xa en mente o lanzamento dunha colección de camisetas e mochilas.

Caixiñas con imaxes de Rosalía de Castro, Daniel Castelao, Freddie Mercury e Albert Einstein.

Colgadores de mascarillas

Agora mesmo, o regalo personalizado é o que máis demanda a súa clientela. A crise sanitaria freou os pedidos de souvenirs, dada a tremenda parálise que sufriu tanto o turismo como o volume de peregrinos desde o verán pasado. Tamén quedaron estancados os pedidos a xeito de detalliño que se reparten entre os invitados a vodas, bautizos e comunións. Pero a pandemia axudou a abrir outro tipo de mercado, lembra Frade. “Unha clienta pediume un colgador para mascarillas. Nós daquelas xa tiñamos deseñado colgadores, pero para os panos da cociña. E resulta que son moi útiles, porque podes ter na casa colgadores coas iniciais de cada membro da familia, para que ninguén se confunda ao coller o tapabocas”. Hainos, tamén, con debuxos ou co nome completo de cada un. Está claro que as mascarillas xeraron ao seu redor un abano de complementos, posto que meses atrás tamén tiveran certo boom os colga mascarillas, similares aos que se empregan coas gafas.

Un lapis para papá

De cara ao Día do Pai, e para aqueles que foxen de tópicos como perfumes ou kits de afeitado, Avelaíña propón cousa tan curiosas como un lapis de madeira, coa lenda ‘O mellor papá’, nunha frecha. E é que no fondo as ideas da empresa teñen que ver co significado do nome “Avelaíña é unha mariposa pequena que vai cara á luz”, como buscando novos camiños, lembra Frade.

Máis aló dos elementos decorativos ou pequenos enseres que nos axudan no día a día, Avelaíña también elabora carteis para os cumpleanos (en madeira ou metacrilato), que substitúen ás velas, nestes momentos en que sería un risco soplalas, tamén debido á pandemia. Ten traballado tamén con enacargos para empresas como Avipor, ou botado man da versatilidade da madeira para dar forma a carteis para negocios.

Compartir el artículo

stats