Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Lembrando á feminista melancólica

As comarcas envórcanse nos actos orgranizados polo Día de Rosalía con ofrenda floral, lecturas de poemas, debuxos, video clip e proxección dos seus textos nunha fachada

Ofrenda floral ante o monumento a Rosalía en Lalín. // Bernabé/Javier Lalín

Rosalía de Castro foi lembrada onte en Deza e Tabeirós-Montes de xeito distinto con motivo do seu día grande e sempre respectando ás medidas sanitarias actuais. Na comarca dezá, Lalín e Silleda centraron uns actos cargados de simbolismo. No caso lalinense, o monolito da autora de Cantares gallegos no Parque de Loriga foi o lugar elexido para realizar unha sinxela ofrenda floral ao compás dos acordes do mítico “Negra Sombra” e do “Himno galego”. Os alumnos do IES Laxeiro tamén recitaron onte varios poemas da escritora e durante a xornada colocáronse en distintos puntos do concello. Ademais, a biblioteca Varela Jácome acolle ata finais de marzo unha exposición monográfica da escritora universal.

Pola súa banda, Silleda organizou un obradoiro virtual para as familias con motivo do 184 aniversario do nacemento de Rosalía dirixido por Barafunda. Con esta iniciativa os participantes fixeron unha rosa de papel, na que se poden ler versos de Rosalía. Esta actividade súmase á proxección de textos da autora na noite de onte, na fachada da Casa da Cultura, na praza de Siñor Afranio, organizada pola Deputación de Pontevedra e que contou coa presenza do deputado Manuel González. A proxección poderase ver durante unha semana. Tamén en A Bandeira o Centro Cultura Vista Alegre organiza unha mostra permanente hata o venres sobre a vida e a obra rosaliana máis sobranceira. A biblioteca do centro tamén acolleu a lectura de poemas por Cristina Collazo e tamén estreouse o poema de Diego Rodríguez adicado a Rosalía de Castro.

Na Estrada a homenaxe municipal centrouse nun video clip co título “Mais ti vas indo” gravado por uha selección de persoas do ámbito da mediciña e das emerxencias sanitarias do concello que len versos dun poema rosaliano. A peza audiovisual dirixida polo estradense Lucas Terceiro de case dous minutos e medio de duración ten como banda sonora dous temas compostos por Anxo Pintos e interpretados polo grupo Sondeseu. Tamén onte os alumnos do colexio do Foxo leron varios poemas de Rosalía de Castro en lembranza desta feminista morriñenta universal.

Para rematar, o xoven Pablo Pereira Barreiro, alumno do CEIP Nosa Señora das Dores de Forcarei foi un dos gañadores do concurso de debuxos “A nosa Rosalía” organizado pola Deputación que onte anunciou a relación dos premiados.

Proxección de textos na Casa da Cultura de Silleda. | // BERNABÉ/J. LALÍN

Lectura de poemas polos alumnos do colexio do Foxo, onte, na Estrada.

Lembrando á feminista melancólica

Lembrando á feminista melancólica

Lembrando á feminista melancólica

Cándido Pazos pinta a casa museo de Padrón

O artista vencellado á Estrada, Cándido Pazos, fixo tamén onte o seu particular homenaxe á figura da autora de Follas novas. Nesta ocasión, Pazos utiliza a técnica da plumiña para debuxar a famosa Casa Museo de Rosalía en A Matanza, no concello de Padrón. A peza forma parte dun ambicioso proxecto co que Pazos quere facer un percorido por lugares emblemáticos da xeografía galega. Trátase dun traballo composto por unhas 250 láminas nas que poderáse apreciar Galicia dende distintos puntos de vista, segundo creador compostelano. “Levo uns catro anos traballando nesta idea e penso que no ano 2022, máis ou menos, poderá estar rematada”, explica o autor. O debuxo da casa museo padronesa feito a plumiña mostra a parte frontal da edificación na que destaca a súa magnífica solaina de madeira.

Lámina de Cándido Pazos.

Compartir el artículo

stats