A Concellería de Cultura de Silleda organiza un obradoiro virtual para as familias, con motivo do Día de Rosalía. O obradoiro está dirixido por barafunda e poderá seguirse dende mañá mércores, a xornada na que se conmemora o 184 aniversario do nacemento da escritora.

A través do enlace que se ubicará na web municipal, as persoas que participen recibirán as instruccións para seguir esta actividades. Precisan un folio, pincel, rotulador, tesoiras, pau de madeira, ceras ou cinta adhesiva. Con todo isto poderán elaborar unha rosa de papel na que se lerán versos de Rosalía de Castro. Esta actividade súmase á proxección de textos da escritora, na noite de mañá, tanto na fachada da Casa da Cultura como na praza Siñor Afranio, da man da Deputación de Pontevedra. Silleda, dende hai anos, festexa o nacemento desta poetisa con distintas iniciativas abertas a todas as idades e coas que raticica o seu compromiso co idioma e a literatura galegos.