Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Evasión e captura do bandido Farruquena (I)

Historia do atracador que gañou sona a comezos do século XX polas súas constantes fuxidas do cárcere

Parella da Garda Civil. |

Antigo cárcere de Pontevedra sita no predio da actual.

No xornal El Diario de Pontevedra do luns 27 de marzo de 1911 (páx. 2), destacouse con grandes caracteres a nova: “Cinco presos que se fugan”. Baixo o epígrafe “Rumores emocionantes”, o periódico informaba que, durante a madrugada do domingo día 26, “algunos presos de consideración” fugáranse do cárcere de Pontevedra descendendo por unha das ventás do edificio. Engadíase que entre os fuxidos figuraba o célebre bandido Farruquena, tamén coñecido por Ruquena, pontevedrés de nacenza (28 primaveras), que tres anos antes, o 25 de novembro de 1908, protagonizara outra evasión de película. Na porta mesma da prisión pontevedresa burlaba a vixilancia do alguacil que, tras xuízo na Audiencia Provincial (sita na rúa da Marquesa), o conducía de novo á cheirona. (Léase: Os espellos do pasado. A lenda dourada do Gafos, Morgante, 2019).

Segundo algunhas testemuñas (falsas), os fuxitivos feriran gravemente a un vixiante do cárcere e a un axente de consumos que, saíndolles ao paso, tentaran impedir a fuxida.

Escribe o reporteiro de El Diario que cando, a primeira hora, se desprazou ao lugar dos feitos “para indagar la verdad de lo ocurrido”, oíu dende a rúa os presos que cantaban no patio da prisión, celebrando, ben seguro, a liberdade recuperada dos seus compañeiros de cativerio.

Confirmábase a noticia. Arredor das tres e media da madrugada cinco presos “desapareceran” das instalacións penitenciarias. Entre os evadidos atopábanse dous “cabos de vara”, reclusos con certos privilexios, que auxiliaran no seu propósito ao afouto e escorregadizo Farruquena.

Preguntando chégase a Roma. O xornalista obtivo os nomes dos cabos de vara (o cabo Xoán Mosquera e o seu auxiliar Xesús Rouco) que, a altas horas da noite, abriran a cela número 4 que ocupaban Xosé María Posse (a) Farruquena (ou Ruquena), Carlos Cardona el Galleguito e Atilano Expósito; todos tres procesados por roubo.

Baixo o epígrafe “La fuga”, o reporteiro non escatimou detalles á hora de explicar o procedemento empregado polos escapistas. Preferimos transcribir este episodio de xeito literal:

¿Qué medios emplearon los cinco presos para fugarse? Muy sencillos y muy fáciles. Desarmaron una cama y colocaron entre las rejas de la ventana dos caballetes de madera. Sobre los caballetes pusieron una tabla y quedó armado en el acto un pequeño andamio. Subidos a él, los presos perforaron con un barreno el techo y serraron después, hasta hacer un hueco suficiente para que pudiera pasar una persona. Y en efecto, los cinco ‘pájaros’ se colaron por el agujero llevando consigo las sábanas de sus camas.

¿A dónde fueron a parar? A una sala destinada a archivo del Juzgado de primera instancia, que está en la parte alta de la cárcel. Pero resulta que el archivo no tiene balcones ni ventanas. Había, pues, necesidad de pasar a otro departamento que tuviera salida a la calle.

¿Cómo se las arreglaron los presos? Valiéndose de una escalera de mano que allí había para servicio del archivo, barrenaron el techo de la sala y subieron al desván de la cárcel. Pero el desván tampoco tiene salida a la calle. Entonces, los fugitivos hicieron otro agujero sobre el piso que comunica con el archivo notarial y por allí bajaron, convencidos de que en dicho departamento hay una ventana rasgada que mira a la carretera de Marín, en la fachada principal del edificio, sobre la misma acera.

A todo esto, eran las tres y media de la madrugada.

Los presos abrieron la ventana, ataron en la baranda dos sábanas perfectamente anudadas y por ellas fueron descendiendo, primero uno, después otro, todos los cinco. Fue obra de medio minuto. El silencio era completo.

Xa na rúa, os presos encaráronse cun axente de consumos. Suxeitándoo polos brazos e apertándolle o pescozo, dixéronlle: “¡Esto no es nada; hay que callar; cuidado con hablar!”. Desta feita, Farruquena e os seus secuaces non remontaron a ribeira amena do río dos Gafos, senón que optaron por seguir o trazado do camiño de ferro de cara a Compostela. O consumeiro tocou o chifre, a cuxo sinal acudiu o sereno Beato León, mais xa era tarde. Informados o director do cárcere, o presidente da Audiencia e o xuíz de primeira instancia, mobilizaron varias parellas montadas da Garda Civil. A autoridade reconstruíu os feitos percorrendo as dependencias carcerarias e tomándolles declaración aos presos que aínda permanecían na cela número 4. Ditos presos declararon “que no habían visto ni oído nada”. Os danos causados pola barrena no piso da prisión ascendían a dez pesetas.

Na xornada do día 26, a enésima fuxida do Farruquena converteuse na comidilla dos pontevedreses.

El Diario de Pontevedra do martes día 28, baixo o titular “Los fugados de la cárcel”, volve dedicarlle espazo ao “suceso del día”. O xornal, tentando dar resposta ás preguntas “¿Por dónde huyeron los presos?”, “¿Dónde se encuentran?”, informaba os seus lectores que, segundo algunhas atestacións, o bandido Farruquena a canda os seus acólitos, alancaran pola vía do tren até Campañó. Porén, dúas veciñas de Xeve aseguraron ver naquel lugar, ás oito da mañá do día 26, cinco mozos de fasquía sospeitosa “cuyas señas coinciden con las de los presos”. Ao parecer, un deles ía medio espido. A Garda Civil sospeitaba que, dende Xeve, os fuxidos dirixíranse a San Xurxo de Sacos, a onde chegarían pola tarde.

O tenente coronel da Benemérita Manuel Ros y Pérez deulles ordes aos seus subordinados para que se despregasen por aquela comarca. Contra a noitiña, froito das pescudas, os axentes advertiron a presenza de “cinco hombres que caminaban cautelosamente”. Os fuxidos decatáronse da presenza dos gardas e déronlles sebo aos pés, espallándose polo territorio. Os uniformados perseguíronos berrando “¡Alto a la Guardia Civil; entregaos!”, mais, como redactou o xornalista: “Los presos siguieron corriendo como corzos, saltando muros, cayendo aquí y levantándose allá, para evitar que la Guardia Civil los alcanzase”. Os perseguidores fixeron uso das súas armas regulamentarias, ferindo a un dos perseguidos. Finalmente, os axentes foron quen de deter a dous dos cinco delincuentes: Xoán Mosquera Testas (o ferido) e Xesús Rouco Arada, é dicir, os cabos de vara que facilitaran a evasión do Farruquena. O xornalista engadiu: “Los otros tres presos lograron huir y desaparecer, favorecidos por los accidentes del terreno y la oscuridad de la noche”.

Interrogados de novo os presidiarios que compartín a cela número 4 co Farruquena e os outros catro fugados, declararon que o sábado 25 estiveran “de conversación hasta las once y media sin notar nada de particular ni presumir que pudiera suceder lo que sucedió. El Ruquena estuvo más hablador que nunca, diciendo cuentos más o menos picantes que todos escuchábamos en medio de grandes risas”. Ao parecer, Cardona, outro dos evadidos, desaparafusara a lámpada eléctrica da cela porque seica lle picaban os ollos. O Cardona gardou a bombilla nunha bota e a estancia ficou nas tebras. Os presos tamén revelaron que a fuga fora premeditada, xa que o Farruquena e os seus camaradas “tenían especial empeño en no afeitarse la barba para desfigurarse un tanto”.

Dedicado á asociación Vaipolorío. Continuará...

Compartir el artículo

stats