A firma trasdezá Escuela Europea de Líderes obtivo o premio como mellor centro de formación postgrao, unha das categorías dos Premios Excelencia Educativa. A xerente da empresa, Yolanda Villar, recollerá o galardón o vindeiro 21 de marzo, nunha gala que terá lugar no Ateneo de Madrid.

Os Premios Excelencia Educativa premia as mellores prácticas en educación a escala mundial e están promovidos polas fundacións Mundo Ciudad e Gala. Aválanos a Asociación Española de Escuelas de Negocios.

Escuela Europea de Líderes comezou a funcionar hai 10 anos e opera tanto en España como en América Latina. Conta cun equipo de 42 profesionais, entre economistas, avogados, enxeñeiros, médicos, psicólogos, psiquiatras, psicopedagogos, profesionais da publicidade e da socioloxía ou expertos en intelixencia emocional, entre outras especialidades. Nesta escola fórmase con docentes que ao mesmo tempo son profesionais en activo das materias que imparten.