Síguenos en redes sociales:

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

"Estou influido polos xogos que fai Juan Tamariz, como o noventa por cento dos rapaces da miña xeración"

-Qué foi o que lle levou a facerse mago?

-A maxia é paixón e tamén dende pequeno. Conto moito unha anécdota real de que aparecera por casa do meu pai un libro que era La Gran Enciclopedia de la Magia, destes libros curiosos que eu o vira como unha rareza, pero non debía de ser tanto porque dende que manifestei a miña paixón pola maxiadeberon de chegarme como tres exemplares máis de xente que tamén tiña ese libro na casa. Daquela leíao pero era algo raro, porque che ensinaba cómo desaparecer un coche, cómo cortar unha muller ao medio, e eu muller non tiña e coche tampouco. Era guay pero nunca saquei moito en limpo daquelo. Cando xa tés unha certa estabilidade laboral pois é cando empezas a investigar.

-Qué maxia é a que lle gosta?

-A de cerca e de cartas. Supoño que estou influido por Juan Tamariz que penso que influiu ao noventa por cento dos rapaces da miña xeración, pero tamén de antes e dalgunha posterior. Persoalmente non o coñezo pero é unha figura considerada a nivel internacional porque é un xenio. Eu lembrovelo na tele e alucinar coas cousas que facía aquel home coas cartas. Sempre me gostaban moito eses xogos que facía de cartas e é o que me gusta facer agora realmente. Non me gosta nada esa maxia espectacular que hoxe en día se leva tanto. A maxia, como o oboe, son cousas que necesitan dun traballo diario, disciplina, necesítano para facelo ben. O día dá para o que dá, pero agora estou nun punto que avanzar un pouco máis implicaría demasiado tempo e desgraciadamente non o teño. Agora o que quero é adicarme á composición musical dun xeito máis completo.

-Tén feito algo novo nese eido da composición musical?

-A composición musical é o que máis me chama ultimamente e a ver o qué sae porque é un traballo tamén moi disciplinado que non podes deixar de lado. Como digo, oxalá o día tivera máis horas para poder dispor delas, peron non hai. A verdade é que estou metido en varios frentes e o que me gosta é facer as cousas ben, así que haberá que ir a modo.

Esta es una noticia premium. Si eres suscriptor pincha aquí.

Si quieres continuar leyendo hazte suscriptor desde aquí y descubre nuestras tarifas.