Síguenos en redes sociales:

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Nova campaña de captación de socios

Baluarte dos Pendellos iniciou nos primeiros meses unha campaña de captación de socios que retomará este ano. O feito de que non hai que pagar unha cota facilita o traballo, aínda que á horta da verdade serve de pouco, posto que este colectivo non manexa ningún financiamento máis que a colaboración do Concello de Agolada en diversas ocasións. A pesar de que critican "a súa lentitude á hora de solucionar pequenas solicitudes que lle expuxemos". De todas formas, non prevén cobrar unha cota, pero si a rexistrar a asociación co fin de acceder a diferentes axudas públicas que lles permita a celebración de novas actividades. Ata o momento, o lugar xa acolleu dende presentacións de libros, visitas institucionais, visitas guiadas como conferencias con expertos. A próxima, será un novo encontro co arqueólogo Antonio Rodríguez Colmenero. Para este verán teñen previsto tamén celebrar a comida anual e a asemblea da asociación.

Esta es una noticia premium. Si eres suscriptor pincha aquí.

Si quieres continuar leyendo hazte suscriptor desde aquí y descubre nuestras tarifas.