Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Marcos Muíños: "Estamos moi contentos porque valoran a nosa colaboración"

Marcos Muíños: "Estamos moi contentos porque valoran a nosa colaboración"

Marcos Muíños, presidente da asociación cultural A Xesteira de Couso falou onte para FARO en representación dos seis membros que compoñen actualmente este colectivo. Mostrouse orgulloso por ser merecedores do galardón que premia o uso que dende a asociación fan do galego na comarca de Tabeirós-Terra de Montes e, neste contexto, Muíños recoñeceu que é "unha motivación para seguir adiante traballando e facendo cousas". "O premio parécenos xenial. É un orgullo para nós. Estamos moi contentos porque valoran a nosa colaboración neste tema", manifestou. Muíños tamén fixo fincapé na situación do galego en Tabeirós-Terra de Montes: "Na comarca sempre se pode facer máis polo galego, non é suficiente dende o meu punto de vista. A aldea é o lugar onde se segue falando galego e facendo cousas por e para o galego". Neste sentido, o presidente do colectivo ve necesario actuar sobre todo no núcleo urbano, onde, según di, se está a perder máis o idioma. "No caso da Estrada o cambio do galego ao castelán está na primeira ou segunda xeración", explicou, para manifestar que a situación aínda é mudable. "Noutros casos de vilas máis grandes, o cambio do galego ao castelán xa vai pola terceira ou cuarta xeración", dixo.

Compartir el artículo

stats