A Liga Femenina Galega de Segunda División comeza este fin de semana
Un total de 36 equipos distribuídos en sete grupos, segundo criterio xeográfico, volverán vestir de curto esta próxima fin de semana para disputar a primeira xornada da primeira fase na Liga Galega Feminina de Segunda División. Esta competición, do mesmo xeito que o resto das organizadas pola Real Federación Galega de Fútbol (RFGF), terá un formato exprés e celebrarase en dúas fases para dirimir as dúas prazas de ascenso á Liga Galega Feminina de Primeira División. Formato de competición Na primeira fase os equipos participantes en cada grupo enfrontaranse a dobre volta mediante o sistema de puntos, establecéndose a clasificación final conforme os puntos obtidos por cada un dos equipos contendentes, a razón de tres puntos por partido gañado, un por empatado e cero por perdido. A esta primeira fase corresponden un total de 10 xornadas de liga en cada grupo, accedendo á 2ª fase o primeiro clasificado de cada un dos grupos, así como o segundo mellor clasificado de todos os grupos, definido este polo coeficiente de deportividade (xogo limpo). Na segunda fase participarán os 8 equipos clasificados da primeira fase en formato de eliminatorias para dirimir dúas prazas de ascenso á Liga Galega de Primeira División Feminina. Configuraranse as Páxina 2 de 2 primeiras eliminatorias en formato de semifinais mediante o oportuno sorteo, disputando os vencedores a segunda e última eliminatoria para dirimir as dúas prazas de ascenso. Todas as eliminatorias disputaranse a partido único. As semifinais disputaranse no campo do equipo extraído en primeiro lugar no momento do sorteo, fóra da eliminatoria na que interveña o mellor segundo, na que este sempre exercerá de visitante; mentres que as finais polo ascenso disputaranse en campo neutral sinalado para os efectos pola RFGF.
- Máxima alerta de la Policía Nacional por el mensaje que está llegando a los móviles de miles de personas
- Una belleza de armas tomar
- Un nutricionista desvela qué es lo primero que le quita a los pacientes que quieren adelgazar
- Uno de los dos tripulantes gallegos desaparecidos sobrevivió al secuestro del atunero Alakrana del 2009
- El abandono no entiende de razas ni de dinero: mascotas que valen miles de euros llegan a A Madroa
- Condenan a dos años y medio de prisión al maquinista del Alvia y al exdirector de Seguridad de ADIF por el accidente de Angrois
- La familia del vigués que murió tras el concierto de Karol G anuncia denuncia: 'No hubo forcejeo ni pelea
- Mujer de más de 45 y sola busca ayuda