A delegada da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, felicitou hoxe a José "La Sombra" Martínez tras alzarse esta fin de semana co título de campión de España de boxeo na categoría de superwélter. A representante autonómica achegouse hoxe ata o ximnasio onde adestra o púxil vigués, La Vieja Escuela.