A Xunta acordou a suspensión do deporte federado polo que miles de deportistas terán que permanecer en outro lugar que non é o seu sitio habitual de adestramento ou competición. Eses rapaces non desaparecen no aire pola medida tomada, o único que farán é ir a outro lado. Pasamos de uns rapaces baixo a tutela dun adestrador, baixo uns protocolos, que agoran disporán de tempo libre para facer o que lles pete sin ningún tipo de control. Igual ese rapaz que estaba adestrando ao aire libre pasa a un centro comercial a pasar o rato polo que a medida pode mesmo agravar a situación actual.

Desde que comenzou toda a crise, sobre os adestradores caíu unha doble responsabilidade, por unha banda facer cumplir os protocolo estar enriba dos rapaces e a espada de Damocles de que si o adestrador era o que daba positivo metía en cuarentena ao seu grupo completo de pupilos, no meu caso son cerca de 30 atletas. Ante esa tesitura, non quedou outra que non tocar un bar, teatro, cine nin un sitio público desde marzo pasado. Esa foi a miña responsabilidade e, teño constancia, de moitos outros. A máis de iso saquei tódolos adestramentos ao exterior coa convicción de que ahí hai moito menos perigo ( os estudos amosan que o 99,99% dos virus respiratorios os matan os raios UVA). Todo ese traballo e esforzo vai ao garete a unhas semáns das competicións máis importantes do inverno.

Non vale a escusa de que a situación é dramática para englobar a todo o mundo no mesmo saco.

Até agora non tivemos grumos na inmensa maioría de deportes, os datos dos deportes ao aire libre son máis que reveladores. No maior estudo feito no mundo do atletismo, a federación de Xapón fixo seguimento a 800.000 atletas, xuíces e adestradores que competiron en todo o verán. En total tiveron un positivo das 800.000 persoas. Vendo a porcentaxe de erro dos PCR é un positivo sen valor estadístico ningún.

No mesmo camiño, os propios estudos do Ministerio de Sanidade indicaban fai un par de meses que a incidencia de casos acumulados de actividades deportivas pola Covid 19 era de un 0,5%. Os datos xuntaban a tódolos deportes, mesmo aqueles que eran en cuberto e sitios pechados. Si o total era do 0,5% un pode imaxinar que a incidencia de contaxio do deporte ao aire libre é absolutamente irrelevante. Ante estos datos parece claro que o deporte non é o problema, mesmo en Suecia o seu “servicio de saúde” considerou ao deporte como peza fundamental durante a pandemia e así aparece no escrito que emitiron ao inicio da crise. En ese escrito suliñaban que ante a situación que vaticinaban o deporte era fundamental para saúde física e mental da poboación do país.

Aquí pola contra imos aos tumbos, o fin de semán do inicio de confinamento, no pasado mes de marzo, a Xunta permitía competir. Despois do confinamento non se aprobou ningunha medida para airear as instalacións pechadas , mesmo en ningún dos escritos “Con sentidiño” facían fincapé no importante que era airear instalacións pechadas. O que é, a ollos de tódolos especialistas, o mellor “protocolo “ posíbel non foi tomado en consideración. Mentras os suecos, mandaban aos seus deportistas realizar todo o que poideran fóra, aquí non se fixo nin unha soa obra en todo o país para airear un pavillón e mesmo non se establece nos protocolos que tiña que estar con todo aberto.

O estudo máis grande que se fixo dos efectos do deporte despois dunha castástrofe foi en Xapón. Fixérono despois de un maremoto e terremoto do 2011 (Physical activity and sedentary behavior among children and adolescents living in an area affected by the 2011 Great East Japan earthquake and tsunami for 3 years (nih.gov) e o que revelou foi que a actividade deportiva, tres anos despois da catástrofe, non estaba ao nivel que antes da catástrofe. Isto indícanos que o que está a pasar no deporte, máis alá dos efectos devastadores para a economía de miles de clubes, hai unha parte que é irreparábel, o da saúde da poboación.

Non fai falla lembrar que a pandemia máis importante antes da chegada do Covid 19 era a obesidade. Galicia ten ao 43% da poboación con sobrepeso, e perto de 400.000 galegos con obesidade. Tomamos medidas políticas, cara a galería, para baixar (no mellor dos casos un 0,5% ) a incidencia do Covid19 e por outro lado cortamos de raíz o antídoto número un (o deporte) contra unha pandemia que ten máis mortos a curto e longo prazo como é obesidade.

*Adestrador de atletismo