- Chega a undécima edición da gala, unha data que todo o deporte vigués espera cada ano.

- Creo que o deporte é unha familia moi extensa en toda a cidade de Vigo, dende directivos, deportistas, administraccións e empresas que colaboran, e é un día de alegría, de xuntarnos e de recoñecer os méritos deportivos da xente que se esforza, e para recoñece-los seus méritos dende distintas visións. Ademáis nesta gala queremos facer unha mención especial neste ano de crise, aínda que dende o Concello aumentamos as subvencións, pero tamén queremos recoñecer ás empresas que nun ano tan difícil seguiron aportando ó deporte da cidade.

- O deporte é, ademáis, unha das sinais de identidade da cidade.

- O deporte vigués ten moitos anos de historia. Moitas veces me preguntan cal é a razón de que Vigo, sendo unha cidade da dimensión que é, teña tanta dinámica deportiva, pero é que aquí tivemos xente que foi pioneira en introduci-lo deporte dende o punto de vista polivalente, tanto dende práctica deportiva como por unha razón de saúde. Xente como Luis Miró ou Ozores, xente que creou escola. Agora dase un relevo xeneracional e uns van pasando ós outros a importancia e o valor do deporte.

- Dende o punto de vista dos éxitos deportivos acadados no 2009, ¿foi moi difícil a labor do xurado nesta edición?

- Nós, como xurado, o que facemos é a valoración final. Hai unha parte importante que fan as federacións (a proposta dos nominados) porque sería difícil que o xurado, que somos poucos, tiveramos o coñecemento de tódalas modalidades deportivas e esa responsabilidade cedémoslla ás federacións, que coñecen mellor quenes foron os deportistas que destacaron no 2009. Logo nós, dentro dos nominados, eleximos ó mellor home, muller e promesas e tamén propoñemos as mencións especiais.

- Dentro desa lista de nominados, ¿fíxose duro decantarse por un gañador masculino e feminino?

- Sempre é difícil porque hai moita xente que o merece. E habendo tanta xente nominada. En Vigo prácticamente cubrimos tódalas modalidades deportivas e todo o ámbito deportivo está cuberto e iso complica a labor do xurado á hora de elexir o mellor. Ademáis, hai moitas maneiras de medir e distintos obxectivos. Creo que o bo é que o deporte vigués que está sempre medrando. En Vigo hai práctica deportiva a nivel popular, federado, temos o Vigo en Xogo, as escolas, once equipos na élite... Cúbrense tódalas visións do deporte.

- Parece un bo síntoma que o deporte siga crecendo nun ano de crise coma este.

- A familia cada vez é máis numerosa, e cada vez hai máis deportes minoritarios que se suman ó espectáculo deportivo, ou ó deporte de base. Porque cada unha cubre unha faceta do deporte e todas son complementarias -élite, saúde-, todo é un conxunto e cada un dentro deste mundo que ten mil caras pertence a unha, pero todas se complementan e todas axudan as unas ás outras.

- É importante, logo, ter un aliciente coma estes premios deportivos á hora de seguir loitando por uns obxectivos.

- Para eles a Gala ten dous valores. O de compartir unha velada todos xuntos, e logo o de recibi-lo recoñecemento da súa federación e de toda a sociedade, e poder ver que os seus obxectivos están cumplidos. É de xustiza que llo recoñezamos.

- ¿Foi especialmente duro este ano de crise económica poder seguir mantendo axudas e subvencións no eido deportivo?

- É un ano compricado. Por eso neste ano de crise queríamos facer ese recoñecemento explícito porque efectivamente hai empresas que o están pasando mal e neste ano aquelas que a pesar desa situación colaboraron co deporte merecían un recoñecemento público.

- A nivel persoal, ¿quédalle algún anhelo ou algún soño que realizar en relación con este acontecemento deportivo e social?

- Eu a verdade é que a nivel persoal estou moi a gusto. Seguín sempre a práctica deportiva, pero ó estar agora na responsabilidade do Concello é gratificante ver que cada ano aumentan as subvencións, que cada ano aumentan os acontecementos deportivos, que este é o grande ano das infraestructuras deportivas, no que se farán dous pabillóns novos, un campo de fútbol novo, dúas piscinas novas… E eu non teño máis que estar satisfeito.

- A Gala “compite” con varios acontecementos deportivos este ano...

- Buscamo-la data con dous meses de anticipación, e por mala sorte nos caeu un partido de balonmano (Pilotes-Ciudad Real), un de baloncesto e tamén xoga a selección española con Francia, que non estaba previsto, cando nós decidimo-la data. Pero aínda así estou seguro de que os deportistas van acudir á gala porque é a súa festa.