A novena edición dos ‘Martín Códax’ de música abre o seu prazo de inscrición
A gala do 5 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra premiará os mellores proxectos musicais galegos no 2022 en 18 categorías, dous de elas novas: Artista do Ano e Emerxente

Pablo Barreiro, co premio honorífico da pasada edición dos ‘Martín Códax’. / Gustavo Santos
Redacción
Desde este pasado luns, artistas e bandas están convidadas a participar na novena edición dos Premios Martín Códax da Música. A convocatoria vai dirixida a todos os proxectos musicais galegos vixentes e en activo neste 2022, agás os que xa foran premiados na anterior edición dos galardóns. A participación está aberta nas 16 categorías musicais e, ademais, nas dúas novas categorías extraordinarias: Artista do Ano e Artista Emerxente. Os tres premios Organistrum: salas, festivais e proxectos de difusión musical, recuperan tamén os procesos de inscrición, tras a pandemia.
O modo de inscribirse é a través da páxina web premiosmartincodaxdamusica.gal, na que tamén se poden consultar as bases da participación, até o 31 de xullo. Os Premios Martín Códax da Música naceron en 2013 promovidos pola asociación Músicas ao Vivo e contan co patrocinio das Bodegas Martín Códax, Concello de Pontevedra, Agadic-Xunta de Galicia e Deputación de Pontevedra.
A gala do 5 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra premiará os mellores proxectos musicais galegos no 2022 en 18 categorías, dous de elas novas (Artista do Ano e Artista Emerxente)
Ábrese o prazo até o 31 de xullo para as 16 categorías musicais, unha menos que o pasado ano ao fusionar “Músicas do Mundo” e “Reggae, Ska, Mestizaxe” nunha soa. As categorías son as seguintes: Pop e Indie, Rock Blues, Funk e Soul, Metal, Canción de Autor/a, Músicas Urbanas, Músicas do Mundo e Mestizaxe Electrónica, Música Clásica e Contemporánea, Jazz e Músicas Improvisadas, Música Tradicional, Música Folk, Música Infantil, Orquestras, Grupos e Música de Verbena, Coros e Grupos Vocais, e Bandas de Música Popular.
Unha vez peche esta primeira fase de inscrición, a votación do xurado profesional, formado por tres representantes da comunicación, da formación e da industria respectivamente e dúas músicas/os, será do 8 de agosto ao 3 de setembro, e a rolda dos socios/as de Músicas ao Vivo, do 15 de setembro ao 2 de outubro. Os proxectos deben inscribirse nunha soa categoría musical, se ben esta inscrición é compatible coa participación nas dúas novas categoría extraordinarias desta novena edición: Artista do Ano e Artista Emerxente.
Coa de Artista do Ano, o obxectivo é abrir o certame á participación do público xeral e incidir na expansión de proxectos e carreiras musicais. Os requisitos para poder participar nesta categoría son ter editado algún album ou EP nos anos 2021 ou 2022, e ter realizado concertos ao vivo, tamén nese periodo de tempo. No caso da categoría de Artista Emerxente, será un xurado profesional quen a valore.
A gala dos premios terá lugar o 5 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra; tres semanas antes, o 14 de setembro, daranse a coñecer os proxectos seleccionados na festa de finalistas.
Suscríbete para seguir leyendo
- El ave que se «come» a la velutina
- Entrar en los dobles grados de Matemáticas, Física e Ingeniería Informática, solo para alumnos sobresalientes: exige más de un 13
- Arrasado por un incendio un edificio en pleno centro de Pontevedra: «Creía que iba a explotar todo»
- La hostelería da una salida a los migrantes de Sanxenxo: «Es una satisfacción enorme ver cómo se abren camino»
- La Xunta dará bonos de 50 euros para comprar pescado a partir del 28 de julio
- Cuatro noches de música con Heredeiros da Crus y las orquestas Players y Los Magos en las Festas do Carme
- Vigo activa la venta de entradas para los conciertos de Castrelos: horarios, límites y consejos
- Se complica el fichaje de Bryan Zaragoza