REAL ACADEMIA GALEGA

O Día das Letras Galegas 2023 dedicarase ao loitador cultural Fernández del Riego

Cofundador da Editorial Galaxia, auténtica institución do país e resistente do franquismo

Patricia Hermida

Membro da xeración de intelectuais que continuou co legado do Grupo Nós, loitador cultural incansable, auténtica institución do país. Francisco Fernández del Riego (Vilanova de Lourenzá, 1913-Vigo, 2010) será a figura central do Día das Letras Galegas 2023. Así o acordou o pleno da Real Academia Galega este mediodía, para a celebración do 17 de maio de 2023 que coincidirá ademáis co 110 anos do nacemento do homenaxeado. Fernández del Riego foi un dos impulsores precisamente destas Letras Galegas, que o vindeiro ano cumprirán seis décadas.

A RAG, que tamén presidiu entre 1997 e 2001, destaca ao escritor como "unha das figuras centrais do galeguismo progresista e clave na resistencia no exilio interior

RAG, que tamén presidiu entre 1997 e 2001, destaca ao escritor como "unha das figuras centrais do galeguismo progresista e clave na resistencia no exilio interior, cunha traxectoria polifacética e prolífica que o converteu nunha auténtica institución do país". O seu camiño vai desde a política, a creación e a crítica literaria, ata a edición. O seu traballo en Galaxia fixo desta editorial un referente "da resistencia cultural na Galicia do franquismo". Con el, dedicouse o primeiro Día das Letras Galegas en 1963 a Rosalía de Castro.

Cunha formación estudantil na Compostela da II República, sempre destacou polo seu compromiso coa lingua e a literatura galegas. Membro do Partido Galeguista, redactor do Estatuto, foi represaliado polos golpistas do 36: destituído como profesor de Derecho Civil da USC, marchou a Vigo onde sobrevivía dando clases particulares. Mesmo ocultou o seu nome para gañarse a vida, escribindo con pseudónimos en La Noche e levando alí a outros escritores represaliados como Carvalho Calero e Vicente Risco.

Ademáis de Galaxia, cofundou a revista Grial e a Fundación Penzol. A súa obra inclúe ensaios, literatura de viaxes, monografías de autores galegos ou pezas autobiográficas como O río do tempo. Unha historia vivida.