Leonor Watling proba co galego da man de Santi Araújo (e con cameo de Xoel López) / Alberto Leyenda

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Leonor Watling proba co galego da man de Santi Araújo (e con cameo de Xoel López)

Na polifacética folla de servizos de Leonor Watling non estaba o uso do galego. Ata agora. A actriz e cantante aceptou o convite de Santi Araújo para cantar a dúo 'Miña Rula / Non Teñas Medo', unha delicada e luminosa nana (inda que o vídeo estea en branco e negro) que supón o terceiro e último adianto de Suelta Ø Muerde. O segundo disco do compositor de Ponteareas, continuación de Catedral, publícase o próximo 22 de febreiro.

"É fascinante que unha nana que me saíu de súpeto, xogando no sofá, cantándolla a outra persoa, poida acabar na voz de Leonor Watling", explica Araújo. A canción, "unha desas que saen directamente do subconsciente", propón un diálogo íntimo entre ambos artistas, con protagonismo para a maxia que se agocha baixo as dunas de Corrubedo.

O vídeo, coma os anteriores adiantos do disco —'Esqueleto / Óyeme' e 'Ser Mi Amigo / Estar Conmigo'—, está dirixido por Xaime Miranda e rodado nun elegante branco e negro. Conta coa participación de Xoel López, o músico, onda Jorge Drexler, que con máis frecuencia se cita para referenciar a actual etapa creativa de Santi Araújo. Inda que, se se fala só de estética, o ponteareán cada vez vaise parecendo máis a George Harrison.

Tracking Pixel Contents