A artista viguesa Margarida Mariño protagoniza unha peza audiovisual na que combina o chelo e a electrónica para musicar os versos da obra 'Tigres coma cabalos', da poeta Xela Arias.

O videoclip, rodado no Museo do Mar, forma parte da serie de micropezas da Real Academia Galega sobre a figura do poeta e protagonista este ano do Día das Letras Galegas, e está dispoñible tanto a través da propia web da institución como na canle de 'You Tube'.

"Creo que a poesía de Xela Arias encaixa moito coa miña forma de facer música, no sentido de que son textos breves pero moi potentes e precisos", sinalou a intérprete, quen valorou o estilo do poeta á hora de empregar as palabras "para describir xusto esa emoción ou esa situación na que estás a pensar".

O anuncio da homenaxe a Arias no 17 de maio motivou a Mariño a profundar na obra do poeta e editora, para despois implicarse a través desta peza musical e videoclip gravado no Museo do Mar de Vigo, servíndose de versos da obra 'Tigres coma cabalos'.