En tempos de pandemia cómpre pechar os ollos e lembrar os días felices para volver desfrutar deste tempo tan inédito, no que a vida está mutilada, sen poder quedar cos amigos, cos familiares, con dificultades para ver concertos. Por iso, reivindicar o cantar como un feito social e liberador resulta más necesario que nunca.

E para axudar nesta tarefa chega “De cando os animais cantaban”, o traballo discográfico de tres figuras senlleiras da música tradicional galega: Felisa Segade, unha das fundadoras de Leilía; Estevo Lamas e Pepe de Calo.

Que busca Tres Pesos con este disco? Eles sintetízano. “Nos tempos do alén, cando os animais falaban, as mulleres e os homes eran un máis no mundo dos paxaros… e, por iso, cando os homes e as mulleres se senten sós, tristes ou alegres cantan para revivir os tempos nos queran libres como os paxaros”.

O proxecto comenzou a xestarse hai tres anos, pero foise adiando o parto ata que chegou a pandemia e obrigou a reconfigurar o seu lanzamento. Da xira prevista para este outono, a unha difusión das canción coa ollada na primaveira do ano que vén.

Variedade rítmica e instrumental, cos pandeiros, culleres, clarinete, gaita ou acordeón fan deste proxecto unha ponte entre a tradición e a modernidade que volve amosar o gran momento da música tradicional galega.